23 de abr. de 2018

DÍA NON LECTIVO

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o luns, 30 de abril é un día non lectivo, polo tanto, non hai ningunha actividade escolar nin extraescolar.

22 de abr. de 2018

Letras galegas 2018

O Seminario de Galán xa ten a disposición dos centros escolares actividades para infantil e primaria  sobre María Victoria Moreno  para as  Letras Galegas 2018.

 Hai actividades interactivas, actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía en PDF, fotos, biografías en lingua de signos, A ligazón é a seguinte:    

20 de abr. de 2018

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Pode consultarse a listaxe provisional de novo alumnado admitido para o novo curso 2018-2019 no blogue de Secretaría
Premer nesta ligazón

19 de abr. de 2018

Día del libro

ACTIVIDADE PARA O DIA DO LIBRO : LUNS 23 DE ABRIL

 Os encargados/as da biblioteca serán os que conducirán esta actividade, que consistirá en ler contos, poesía, narración, divulgación, etc a distintos cursos.       día del libro
 
O horario é o seguinte:
De 9:30 a 10:00 : Educación  Infantil
De 10:00 a 10:30: 1º primaria
De 10:30 a 11:00 : 2º primaria
De 11:00 a 11:30: 3º primaria
De 11:30 a 12:00 : 4º primaria
De 12:30 a 13:00: 5º primaria
De 13.00 a 13:40 : 6º primaria

16 de abr. de 2018

A maleta viaxeira

QUÉ PASA, QUÉ OCORRE?  ....   NA MIÑA BIBLIOTECA ALGO SE MOVE....

A maleta viaxeira percorrerá as distintas aulas, dende infantil ata primaria.
Dende o mércores 18  e ata o xoves  26 de abril, cando remata a viaxe.
Ten 35 libros . Esperamos que disfrutedes coa sua lectura.






14 de abr. de 2018

Adianto Informativo.


O historiador VÍCTOR CASTIÑEIRA, impartiu unha charla en Cuarto.
No próximo TeleNoticiario 17, publicaremos unha entrevista con el.

6 de abr. de 2018

Sorteo 6º curso

 O sorteo dunha estancia nun SPA en Sanxenxo, para beneficio da viaxe de 6º curso,
dou como premiada a papeleta número 0380.
A afortunada posuidora é Dª María Ámparo Fuentes Ares.
Noraboa  e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron.

5 de abr. de 2018

Programa Ada

O martes 10 de abril na  aula de 4ºA terá lugar un taller de iniciación á tecnoloxía.
Pertence ao programa Ada, que promove a igualdade.
Plantéase a vida de Ada Byron como fío conductor das actividades.

Sabes quen foi Ada Byron? > preme nesta ligazón