31 de dec. de 2012

Agasallo do 1980: Carromeiro,nº 2



CARROMEIRO
Revista editada, ano 1980, no noso Colexio, polo  
GRUPO DE PRENSA C.N. EUGENIO LÓPEZ.CEE
Asinan os traballos e as ilustracións os seguintes alumnos e alumnas:
Escriben:
INMACULADA ROMERO, CARLOS MOUZO, MARIBEL ABUELO, BEGOÑA CAMBEIRO, SANTIAGO TRILLO, ANA Mª PORRÚA,OUTES, NOLI, MARÍA BLANCO, ANA J. GARCÍA, ISABEL ÉZARA, GUADALUPE DÍAZ BLANCO, FERNANDO GOYENECHE, ESPERANZA CASTRO, LOURDES BALIÑA, ESTRELLA, SUSANA, SANTI, AVELINO,   COLECTIVO MATA-RATOS  
Ilustran:
RAMÓN CAAMAÑO, FERNANDO IGLESIAS, X.C.CAMBEIRO, X. ANTONIO
Rotulan: ANA e RAMÓN GAVELA   
Dirixía a publicación:
D. Ramón Vázquez Vale

20 de dec. de 2012

PREMIO POSTAIS VIRXE DA XUNQUEIRA


SOFÍA DARRIBA, DO CEIP EUGENIO LÓPEZ, GAÑOU O 1º PREMIO DE POSTAIS DE NADAL DO HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA


      O pasado luns día 17 de decembro, as alumnas e alumnos do CEIP Eugenio López de Cee visitamos o hospital comarcal Virxe da Xunqueira para participar na entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal convocado de novo este ano 2012. A gañadora do 1º premio foi unha alumna de 6º de Educación Infantil do noso centro, Sofía Darriba. Aquí vémola compartindo o diploma con todos os seus compañeiros e compañeiras. Noraboa, Sofía!

10 de dec. de 2012

Resultados Campo a través

Xa están dispoñibles as clasificacións da proba de campo través. Podedes velas na sección Fai deporte  deste blogue.

9 de dec. de 2012

Contos de Nadal de La Voz de Galicia


Paula, Antía, Miguel e a profesora Carme Grille

Certame de Contos de Nadal. Podes ler os Contos

O segundo premio foi para a ceense Antía González Castro, estudante  de cuarto de primaria no colexio Eugenio López. A nena acadou a segunda posición coa divertida historia:
Creación de seres imaxinarios, na que Papá Noel, o coello de Pascua e o ratiño Pérez, entre outros, xúntanse para levar a cabo unha misión moi imporante.
Tamén acadaron diplomas Paula Pérez Trillo polo seu conto A bola, a guirnalda e a estrela , e Miguel Ángel Iglesias García co seu conto Una navidad muy especial. 
Paula Pérez, Antía González, Miguel Á. Iglesias

5 de dec. de 2012

No enlace Campo a través   podedes ver unha publicación no blogue "Fai deporte" sobre a proba de campo a través realizada esta mañá no campo de fútbol de Cee.  (pincha sobre este texto).

(No lado dereito da pantalla hai unha barra vertical na que se pos o rato, aparecerán uns iconos, o de arriba son os blogues que podes ver).
Na esquina esquerda -Magazine- podes ver esta páxina de 7 formas diferentes)

25 de nov. de 2012

 O Apalpador, a figura tradicional do Nadal nalgunhas zonas de montaña do país, segue a conquistar novos espazos sociais, neste caso no comercio. Rumboia Xoguetes lanza agora bonecos que reproducen a figura desta personaxe.
O Apalpador -tamén coñecido co nome de Pandigueiro na comarca de Trives- é a figura mítica galega dun bo pastor carboeiro nado no Courel, explica Rumboia. Segundo a tradición, durante todo o ano fabrica carbón e xoguetes coa madeira das árbores das altas montañas e bosques nos que mora.

A noite do 24 ou do 31 de decembro, baixa ós pobos a visitar aos nenos, tócalles o ventre para ollar se comeron o suficiente durante todo o ano e déixalles unha morea de castañas quentes e, ás veces, algúns agasallos de madeira, desexándolles que teñan un bo ano novo cheo de felicidade e comida.

Os xoguetes de Rumboia son dun material similar ao peluche, recubertos de tela, teñen uns 30 centímetros de alto e estanse a distribuír por todo o país.
A recuperación desta figura está acompañada nos últimos anos dun pequeno 'boom comercial', pois ademais de bonecos existen libros, láminas e contos electrónicos sobre o mítico carboeiro.

O Apalpador

18 de nov. de 2012

Os participantes no Claustro da Catedral de Santiago.

Domingo de Andrade guía aos seus veciños por Compostela.                 Sesenta ceenses visitaron en Santiago ou legado do mestre do barroco galego.                                        

Tal vez porque do que se trataba era de achegarse a un dos sinais de identidade de Santiago -a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade- a cidade recibiu onte ao grupo de veciños de Cee que se desprazaron ata alí con outro dos seus elementos máis definidores, a chuvia.
Víctor Castiñeira
Os sesenta visitantes, comandados polo técnico municipal de Cultura, Víctor Castiñeira, estiveron acompañados durante todo o día pola auga, que os obrigou a facer algún cambio de plans, pero que non logrou apagar as ganas de todos eles de gozar da obra dun dos seus veciños máis ilustres, aínda que non sempre suficientemente recoñecido.
«Si que sabía quen era Domingo Antonio de Andrade, pero non tiña nin idea da súa importancia nin da influencia que tivo a súa arquitectura, sorprendeume. En canto volva a casa buscarei máis información sobre el», recoñecía José Antonio Pérez, un dos participantes nesta viaxe que xuntou a veciños de todas as idades, mesmo nenos de poucos anos, como a súa filla Paula, e que serviu de colofón ao programa elaborado polo Concello de Cee para conmemorar o terceiro centenario do  pasamento de Andrade.
Sara Pérez co seu pai




                   A Torre do Reloxo e a fermosa cuncha pétrea coa que o arquitecto solucionou o problema de comunicar a planta da catedral coa ala norte do claustro foron unha das primeiras paradas do grupo, que aproveitou o soportal do edificio de Correos, para contemplar outro dos monumentos onde o arquitecto deixou a súa pegada, o pazo Fonseca, e coñecer algúns detalles sobre a súa vida en Compostela.
Con outro experto ceense, Antonio Francisco Leis Castro, aportando tamén os seus coñecementos e a experiencia de ter sido guía da catedral, os visitantes internáronse logo na basílica compostelá para admirar o baldaquino e o tabernáculo do altar maior, así como a capela do Pilar e a da Concepción, onde repousan os restos de Andrade.


O museo, cunha nova parada no claustro para gozar da Torre do Reloxo desde outra perspectiva, deu paso ao ascenso á cuberta da catedral para gozar dunha visión privilexiada do conxunto monumental compostelán, que Andrade axudou a configurar coas súas obras.
Tras un alto no camiño para repoñer forzas, o grupo, do que formaron parte tamén o tenente de alcalde, Daniel Oca, e o pintor Luis Guillermo Guerra, dirixíronse xa pola tarde ata outra das construcións máis senlleiras do arquitecto, San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego. Alí puideron coñecer a súa obra desde outro punto de vista, o dos planos que serviron de intermediarios entre o maxín de Andrade e as construcións finais que contribuíron a facelo inmortal.

  18 de novembro de 2012.      

10 de out. de 2012

Sobre Domingo A. de Andrade

Podes ler tres informacións sobre DOMINGO A. DE ANDRADE.
 1ª lavozdegalicia.es/Domingo A. de Andrade 
2ª Víctor Castiñeira e Domingo A. de Andrade
3ª Domingo Antonio de Andrade, por: Leticia Pose, Brais Trillo e Yereda Vázquez.
Domingo de Andrade na wiki 

3º e Domingo A. de Andrade. (Máis fotos en  segundo ciclo

18 de set. de 2012

X Carreira Popular Vila de Corcubión

O vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a X Edición da Carreira Popular "Vila de Corcubión" a partir das 17:00 horas. Poden participar persoas de tódalas idades dende a categoría benxamín ata veteranos e todos recibirán unha camiseta como agasallo.. As distancias a percorrer son de 450 m. para os benxamíns; 900 m. para alevíns e infantís; 1800m. para a categoría sub 18 e 9000 m. para veteranos. Os interesados en participar poden facer a súa inscrición no Concello de Corcubión ou na propia saída o día da carreira. Se algún neno do colexio está interesado en participar e os seus pais os acompañan que llo diga a algún dos mestres de educación física para pasar a lista de participantes á organización. Debedes estar na saída para recoller os dorsais antes da carreira (sobre as 16:15 - 16:30 horas).

28 de xuño de 2012

Desafío para cada alumno ou alumna de 6º A:

No pen tendes todas as imaxes da elaboración do mapa en relevo da zona de Carnota-Muros.
Quen é capaz de facer unha PRESENTACIÓN en  Word ?

Podedes describir o proceso (xa o fixemos nun exame) e ilustralo coas imaxes.

Responde: Alexia Mariño Beiro, fixo unha estupenda Presentación.
Tamén contestou: Irene González Costa, tamén moi clariña.
Logo contestaron: Mario e Xabier Insua Miñones.
Agora Silvia Castro García, moi ben Silvia.
María Agulleiro Casais, fixo un moi boa presentación en Powepoint que razóns "técnicas" non podo subir tal cual.


MAPA MUROS-CARNOTA. 2011-2012

Pasos imprescindibles.

       Primeiro o noso profesor decidiu qué mapa íamos facer e decidiu que iamos representar o mapa en relevo de CARNOTA-MUROS, representámolo na escala de 1:25.000 é dicir un cm no mapa equivale a 25.000 metros na realidade.

       MATERIAIS: Corcho, cúter, cola blanca, rotuladores permanentes, barro, pinceis, tesoiras, papel, papel de calcar e témpera de cores (vermello, azul, e verde,marrón)


1º PASO
       Primeiro destacamos a curvas de nivel e a línea de costa ao mesmo tempo que rotulamos os ríos e as estradas de diferentes cores para poder distinguilos. 








2º PASO
       A continuación, repasamos outra vez as curvas de nivel pero esta vez no papel de calcar, xa rematada a primeira curva recortámola e pasámola ao corcho onde rotulamos e marcamos o seu perfil.
        Repetimos este proceso con todas as curvas de nivel, despois ordenamos da máis grande a máis pequeña.
      

          
  3º PASO
                Despois de ter as tapas de corcho ben colocadas unhas enriba de outras pegámolas con cola blanca ca axuda dunha brocha, así xa non se moverán e poderemos seguir coa «construcción» da nosa obra de arte.
     






                                 4º PASO
   •       Cando a cola esté perfectamente seca temos que poñerlle o barro con moito coidado ata que non quede nada por tapar ( nós prefirimos deixar una anaquiño do mapa sen cubrir para así lembrar como o fomos facendo).
   •       Deseguido cubriremos todo con cola para que así o mapa quede máis resistente para poder pintalo.
     

          5º PASO
       Unha vez que esté todo seco xa podemos pintar o mapa;
       * De verde o terreo.
·          De azul o mar.
      



        6º PASO
      Xa podemos identificar as carreteiras e os ríos, primeiro farémolo en lapis, logo repasaremos as estradas de vermello e os ríos evidentemente en azul.
      Para rematar, cando todo esté ben seco identificaremos os lugares e os ríos co seu respectivo nome escrito nun papeliño.
         XA  ESTÁ TODO FEITO!    ;-)    MARIA  AGULLEIRO CASAIS


                                    

MAPA
1.Materiais necesarios: Un mapa da zoa que se quere traballar, rotuladores,tesoiras,cúter,corcho, taboa, cola, barro e pintura.
2.Collemos o mapa e o ampliamos a gran escala. Despois perfilamos os ríos, as curvas de nivel, as estradas e a liña de costa.

3.Perfilamos outra vez pero con papel cebola por riba .Deseguido recortao e calcao no corcho, recortao e fas todas as curvas de nivel acórdate numeralas pois se non non saberás cal vai primeiro.

4.Cando xa teñas as curvas de nivel feitas, montas e pegas con cola. Pon pequenas  cantidades de cola pero que quede pegado.

5.Cando teñas todo montado é pegado pon o barro e moldeao con coidado
 Para que o barro no rompa ponlle cola por riba.                                               6.Pinta de verde as montañas e de azul o mar.
 7.Axudándote do mapa pinta as carreteiras e os ríos e identifica os lugares.

 Quedará así:



 Por: SILVIA CASTRO GARCÍA.


O mapa


Elementos necesarios: cola, un pincel, unha brocha, barro, tesoiras, cúter, rotuladores, corcho, pintura e un tableiro. Para empezar, deberás saber a escala coa que vas a traballar e zoa onde vas traballar. Logo, marca-las curvas de nivel de amarelo, as estradas de roxo e os ríos de azul.

   


1.No tableiro, marcar a liña de costa. Deseguido, terás que marcar todas as curvas de nivel no corcho de 7cm. O mapa que fixo a clase de sexto A  non tiña corcho de 7cm e en cada curva de nivel facía dúas capas de corcho en cada curva de 2cm e 5cm. Cando acabes de marcar unha curva de nivel no corcho, recorta a curva ,e agora tes que pega-la no tableiro (Cada curva ocupa 50m na realidade). Despois, encima de cada  curva de nivel ponlle unha capa de cola e pega a seguinte curva.

Traballo feito por: MARIO INSUA MIÑONES,

.Xabier Insua Miñones: MATERIAL   PRECISO para facer un mapa:
 - Unhas tesoiras.  –Rotuladores.   -Cortiza/corcho de sete milímetros.  -Papel de calcar.   -Cola branca.   -Barro ou arxila. -Unha brocha . -Pintura vermella ,verde e azul
Pasos  a  seguir:
  1.No mapa elixir a escala coa que queiras traballar .        
  2.Rotular as curvas de nivel con un rotulador.
  3.Calcalas no papel de calcar.
  4.Recortar o papel de calcar.
  5.Debuxar o contorno do papel recortado no corcho.
     (Seguir repetindo este proceso ata rematar as curvas de nivel.)
 O rematar, adherímoslles unha capa de cola  e deixámolos secar durante dúas horas.
O secar tódalas capas de corcho.
Modelámolo con  barro.
-Finalmente pintámolo, pintamos os ríos  e escribimos os nomes dos lugares con cor vermello
COMO RESULTADO OBTEMOS UN MAPA EN RELEVO.
Ben, que ben agora xa sabedes facer un mapa en relevo.
FIN
        XABIER INSUA MIÑONES     

 Mapa en relevo. O mapa de 6ºA,                                                      por: Alexia Mariño Beiro.  
       Materiais:                 Cuter e tesoiras,   Cola,     Corcho,      Rotuladores,       Barro, Papel cebola,  Táboa. 
       Así se fixo:
       Primeiro elixe a zona ónde queres traballar.
       Tamén tes que elixir a escala ca que vas a traballar,por exemplo: escala 1:25000 que nos di que 25000 cm na realidade equivalen a 1cm no noso mapa.
       1º PASO
       Agora tes que rotular as carreteiras (de roxo),os ríos (de azul)e as curvas de nivel de cor amarela.Non te olvides da liña de costa.
       Quedarache algo parecido a seguinte imaxe.

2º PASO
Agora calca as curvas de nivel en papel cebola, cando remates recortao.
Deseguido pon o papel enriba do corcho e cálcao.Cando xa estea calcado recorta o corcho.
Fai este proceso con todas as curvas de nivel,recorda que tes que identificalas.
               
     3º PASO
       Como xa tes todas as curvas de nivel identificadas, so tes que montalas e pegalas con cola.
   •    CONSELLO: Se queres aforrar en cola debuxa o contorno do corcho seguinte enriba do anterior.
 4º PASO
Unha vez que montes as pezas ponlle o barro, pero faino nunha zona pequena e procura facelo o mellor que poidas,pois este paso é moi importante.
5º PASO
Para que o barro non estale, ponlle cola a todo o mapa.Así o mapa estará máis forte e resistente.
Mira o resultado na seguinte imaxe:

6º PASO
        Agora xa podes pintalo.
       Pinta de verde as montañas e chairas do noso mapa.
       E de azul, pinta o mar.
       Quedarache algo así (aínda que na imaxe falte o mar):
     7º PASO
   •       Agora  identifica e rotula as carreteiras e os ríos.
   •       Primeiro faino co  lápis e despois rotulao.
   •       Non te olvides da liña de costa.
   •        8º PASO
   •       Unha vez rematado de de facer as carreteiras e os ríos, só temos que escribir os nomes dos lugares e o dos mares e ríos.
       ASÍ É COMO QUEDA.
Alexia Mariño Beiro (en Segovia)













*****************************


O MAPA EN RELEVO DE CARNOTA E MUROS. O TRABALLO DA CLASE DE 6-A

por IRENE GONZÁLEZ COSTA.
  Este curso 2011-2012 os alumnos e alumnas da case de 6-A estamos a facer un mapa en relevo de Carnota e Muros.Para elo quedamos nalgúns recreos e utilizamos clases non obrigatorias.A continuación explicareivos os pasos que seguimos para facelo.
MATERIAL   PRECISO:
 - Unhas tesoiras.  -Rotuladores
  -Cortiza/corcho de sete milímetros
  -Papel de calcar.   -Cola branca
  -Barro ou arxila. -Unha brocha . -Pintura vermella ,verde,azul e marrón.
Pasos  a  seguir:
  -Agrandar o mapa do lugar que queres representar.
  -Rotular as curvas de nivel cun rotulador.
  -Pasalas ao papel de calcar.
  -Recortar o papel de calcar.
  -Debuxar o contorno do papel recortado.
}     -Seguir repetindo este proceso ata rematar as curvas de nivel.
         -Acabado este proceso dámoslle unha pincelada con cola branca para pegar ben a cortiza/corcho.
         -Deixámolo secar aproximadamente dúas horas e moldeámolo con barro.
-Finalmente pintámolo e escribimos os nomes dos lugares
COMO RESULTADO OBTEMOS UN MAPA EN RELEVO.
Bueno, agora xa sabedes como facemos aquí os mapas en relevo. Probade a facer un.
FIN
            ESPERO QUE VOS GUSTARA O MEU TRABALLO E QUE PRESTÁRADES ATENCIÓN.
IRENE GONZÁLEZ COSTA.