Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.
Ante a devandita
situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión
das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do
centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das
condicións climáticas.
Para o caso de que as
circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior,
os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das
actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades
extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser
consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org)
Ningún comentario:
Publicar un comentario