Hoxe, un ano máis, e tal e como vén
sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San
Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a
través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas
entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e
cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio
López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación
Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia
de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme
de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES
Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de
Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o
CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo
un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na
que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre
lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio,
ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación
Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel
dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das
categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador
Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós
participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na
categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha
distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a
posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e
ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de
participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín
feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma
categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do
colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en
categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última
categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado
que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O
máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación
física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que
foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos
contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a
velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira
realizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario