
Emotiva foi, por exemplo, a presentación do novo curso no CEIP Eugenio López de Cee. Comezou coas verbas da secretaria da ANPA, Montserrat Canosa Vigo. Despois fui o turno de dúas antigas alumnas, Inés Fraga e Carmela Corbelle, que contaron as súas experiencias aos alumn@s do colexio. O acto foi presentado por outra antiga alumna Mercedes Rodríguez Fraga, técnico de Normalización Lingüística do Concello de Cee e contou coa presencia de Carmen Díaz Freire, Concelleira de Deportes e tempo libre do Concello de Cee, en representacion do goberno ceense.



"A volta o cole sempre foi para mín un día emocionante, novos compañeiros, novos profes, novos retos e aventuras…Agora sendo nai resulta que o vives novamente en primeira persoa e por partida doble! Si ademáis lle engadimos formar parte da inauguración do curso a mañá estaba servida!
Foi para min un enorme orgullo e pracer, a vez que una gran responsabilidade, que o director D. Pepe Cañizo houbera pensado en mín como antiga exalumna do cole e mostrarlle a miña experiencia a tódolos nenos!
![]() |

Cas miñas nenas collidas da man e os nenos sorprendéndose co que alí lle mostraba e contaba…vai ser unha experiencia para mín chea de emoción difícil de olvidar! (INÉS FRAGA) Inés Fraga
Ningún comentario:
Publicar un comentario