
De ruta académica por Corcubión
5 OCT 2017LORENA MARTÍNEZ CANOSASempre hai un bo motivo para trasladar a aprendizaxe a fóra das aulas. E máis, cando o bo tempo acompaña ao grupo. E se non que llo pregunten ao alumnado de sexto de Educación Primaria do CEIP Eugenio López, de Cee, que visitou onte Corcubión para coñecer a historia e as rúas desta emblemática vila.
O antigo cárcere foi o punto no que os alumnos e alumnas foron recibidos pola súa guía quen lle falou polo miúdo deste edificio. Logo, documentou aos asistentes sobre o pazo dos Altamira e as distintas Casas dominantes, como os Traba. A igrexa de San Marcos tamén foi obxecto da visita onde o alumnado comprobou o traballo dos canteiros, as distintas fases da arquitectura da igrexa, San Marcos… Tamén tiveron tempo para coñecer algunhas das casas máis senlleiras da vila, o Campo do Rollo e incluso a orixe do seu nome.
Fonte Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Ningún comentario:
Publicar un comentario