Unha pequena mostra das actividades realizadas no noso centro con motivo da celebración do 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Dende pequenos queremos dar pasos cara a igualdade entre homes e mulleres, queremos que non haxa ningún tipo de violencia na nosa sociedade e ser libres.
As mensaxes que escribiron os nosos nenos e nenas nos seus zapatos deben ser os valores e as formas de actuar que fagan que a nosa sociedade sexa máis xusta e igualitaria.
CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario