14 de nov. de 2019

VOZ NATURA NO EUGENIO LÓPEZ

Este ano o noso centro sumouse ao Proxecto Voz Natura. Este programa consiste nunha serie de actividades e propostas dende os centros educativos para a concienciación e implicación da comunidade educativa na recuperación e defensa da natureza. É un proxecto que impulsa La Voz de Galicia dende o curso 1997/98 e que consiguiu numerosos premios, non só a nivel nacional se non tamén internacional.

Na páxina http://www.voznatura.com/ podedes atopar máis información sobre o mesmo.

Dende o noso centro  vanse plantexar diversas actividades e accións para a defensa e coidado do medioambiente, pouco a pouco iremos informando das mesmas.

Unha das primeiras medidas e que xa se están implementando nas aulas son as merendas sen plástico, a utilización das cantimploras inox para a auga, os tappers reutilizables ou a separación de restos orgánicos, plástico e de papel nas papeleiras de reciclaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario