28 de nov. de 2019

SEMANA DO AUDIOVISUAL

Esta semana comezou no colexio a semana do audiovisual organizada pola ANPA Uxío adicada á fotografía, radio, prensa escrita, prensa dixital e redes sociais.
Cada ponente realiza dúas sesións dunha hora de duración con distintos cursos de Educación Primaria.
Onte foi o turno do xornalista de La voz de Galicia Juan Ventura Lado, que deu dúas charlas de prensa escrita dirixidas ó alumnado de 3º A e 3º B (a primeira delas), e a continuación ó alumnado de 4º A e 4º B.



Hoxe foi o turno de José Manuel Mira (Josiño), periodista de radio Nordés, quen veu a falarnos da radio. Neste caso a actividade foi dirixida en primeiro lugar ó alumnado de 6º A e 6º B e posteriormente ó alumnado de 1º B e 4º C.
Ponencia de Josiño 

A vindeira semana continuarán as ponencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario