9 de xuño de 2020

Fondo de libros

Recordamos que dentro de dez días, o 19 de xuño  remata o prazo para a realizar a solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico.

Tal e como publicamos anteriormente, este procedemento está recollido na Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario