Hoxe toca rendir unha pequena homenaxe ao alumnado de 6º de Primaria que deixa o noso cole para adentrarse nunha nova etapa educativa.
De parte de todo o profesorado que nalgún momento formou parte da andaina destes nenos e nenas no colexio, queremos desexarlle a maior das sortes e un futuro brillante que seguro serán capaces de alcanzar con esforzo e dedicación.
As portas do CEIP Eugenio López estarán sempre abertas para vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario