Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
16 de maio de 2015
Letras Galegas 2015
A FESTA DOS MAIOS
Este ano as letras galegas dedícase a Xosé Filgueira Valverde, e como bo etnógrafo escribiu sobre unha delas, “Os Maios”.
Os Maios son festas de orixe ancestral que celebran a fin do inverno e o comezo da primavera. Estes Maios represéntanse mediante símbolos naturais como árbores, obxectos que as representan e tamén persoas cubertas por pólas e flores.
Os nenas e nenos do Eugenio López, quixemos facer unha recreación do "Maio" en honor a Filgueira Valverde.
Deixamos tamén algunhas das cantigas para celebrar o "O Maio".
Principiamos a cantar
todo o millor que poidamos
para ver si deste xeito
algo pró Maio quitamos. (Escomenzos. Santiago)
Escoiten as fatigas
d’este probe Maio
que ó chegar á calle
quedouse estrangoado. (Escomenzos. Ourense)
A canta-lo Maio
señores acá vimos
e para canta-lo
licencia pedimos. (Petición de licencia. Pontevedra)
Cantar cantaremos
do Maio o redor
ó señor Alcalde
e ó Gobernador. (Saúdo. Ourense)
Aquí ven o Maio
e traio estas flores;
ehí ven San Xohan
que as traerá mellores. (Alusión ao Maio. Vilagarcía)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario