Onte disputouse no Polígono de Bértoa, en Carballo, a fase provincial
de campo a través para colexios e institutos, que dá por finalizada a
temporada desta competición. Dende fai dous anos, a partir da proba
provincial, esta modalidade deportiva divídese entre centros escolares e
entidades deportivas (pois ata ese momento a competición era única e
remataba no campionato autonómico).
Nesta ocasión, do noso colexio
estaba clasificado o equipo alevín masculino, acudindo á carreira catro
alumnos do centro: Lois Areas, Iker Franquet, Saúl Pasantes e Xoel
Soto. Percorreron unha distancia de 1000 metros nun terreo embarrado que
é a mellor opción para coñecer o cross escolar e disfrutar deste
deporte. Isto engade un extra de dificultade e esforzo por parte dos
participantes, e unha vez máis os nenos fixérono moi ben, conseguindo os
seguintes resultados: Lois, posto 21; Saúl, posto 35; Iker, posto 41; e
Xoel, posto 56. Na clasificación por equipos acadaron o oitavo posto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario