A INTELIXENCIA
EMOCIONAL é definida por Daniel Goleman:
“A habilidade de
manexarnos a nós mesmos e as nosas relacións efectivamente. Constitúena catro
capacidades fundamentais: autoconciencia, autodirección, conciencia social e habilidades
sociais”.
Nesta entrada propoñemos o libro AMAR da
editorial Palabras Aladas, que conta co traballo de 20 artistas e unha
variedade de ilustracións. A dita Editorial pono a disposición para descargar,
para que nos acompañe nestes días na casa. Trátase dun libro recomendado dende
os 6 ata os 99 anos.
Podedes descargalo aquí:
E a súa proposta de
actividades:
Nos enlaces que vos
proporcionamos, podedes ter contacto con outros libros da mesma editorial, como
o coñecido EMOCIONARIO.
Con esta proposta
traballamos a AUTOCONCIENCIA:
Que é? É a capacidade de conectarse cos
nosos sentimentos, pensamentos e accións.
Cando se desenvolve? Esta non se desenvolve de
camiño, senón que se vai adquirindo co tempo. E iníciase cando os
cativos e cativas comezan a ser capaces de recoñecer e nomear as súas emocións,
fortalezas, retos, o que lles gusta e o que lles desagrada.
“A
intelixencia emocional representa o 80% do éxito na vida”
Daniel
Goleman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario