Nesta
entrada propoñemos TÉCNICAS para que os cativos e cativas saquen
un proveito positivo do seu estudo.
Dende
a Universidade de Harvard realizouse un estudo con diferentes métodos de
aprendizaxe, que cada un pode personalizar, e que se resumen en 4 técnicas. En www.guiinfantil.com e neste enlace (https://www.guiainfantil.com/articulos/educacion/escuela-colegio/cuatro-buenas-tecnicas-de-estudio-para-ninos-de-primaria/) tedes un vídeo das mesmas:
1. Reter ideas escribíndoas para que o cerebro procese os
coñecementos.
2. Lectura do texto (en voz alta mellor) para que non decaia
a CONCENTRACIÓN. Unha segunda lectura, se o texto é moi amplo, que haxa paróns
para ir asimilando conceptos, ideas... (CONSELLO:
Anota as ideas principais.)
3. PAUSAS para osixenar o noso cerebro. Pasado un tempo a
capacidade retentiva decae.
Por
qué non utilizar a TÉCNICA de estudo POMODORO?
4. ALTERNAR
MATERIAS: O obxectivo principal
é que a concentración non decaia por tanto, DURANTE ESTES DÍAS, no horario de
estudo, cambiar de tarefa axudaralles a gañar en CALIDADE DE ESTUDO e en
reactivar a atención.
(CONSELLO:
recordades as recomendacións que vos fixemos para estes días na casa? A
realización dun horario e nese mesmo, unha opción é incluír que tarefas facer
cada día. GAÑAREMOS EN ORGANIZACIÓN E EN CONCENTRACIÓN)
Esperemos que esta entrada cumpra o obxectivo para
o que foi elaborada. APLICÁMOLAS TÉCNICAS FAMILIAS?
never STOP
LEARNING
because life
never stops
TEACHING
Ningún comentario:
Publicar un comentario