25 de mar. de 2020

Información para as familias

Estimadas familias:
Estes días sabemos que están sendo un pouco complicados para todos nós pola situación que estamos a vivir. Desde o colexio, os mestres e mestras propuxeron tarefas de repaso, tal e como se nos indicou nas instruccións da Consellería de Educación, que publicamos no blogue. Ademais no blogue realizáronse publicacións periódicas con recursos, enlaces a outras webs, ... tanto no blogue principal, como nos blogues de titoría e especialidades.
Sabemos que estades traballando cos vosos fillos e que nalgúns casos estades en contacto cos titores e titoras, ben sexa por correo electrónico ou washap.
Se nalgún caso precisades establecer contacto con algún mestre e non sodes capaces de facelo, podedes enviar correo electrónico ó centro na dirección ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es ou chamando ó número de teléfono 881880455, e buscaremos o xeito para que contactedes con esa persoa.

Rubén Pérez Trigo,  director.

Ningún comentario:

Publicar un comentario