17 de out. de 2015

Homenaxe a d. Manuel Canosa

D. Manolo


Homenaxe de amigos e docentes a Manuel Canosa, director honorífico do Eugenio López de Cee


Medio centenar de profesores acompañárono o sábado nunha comida no Recreo
Carballo / La Voz, 19 de outubro de 2015. 



De Manuel Canosa din que era (e é) un home de paciencia infinita. O sábado ao mediodía recibiu o cariño dos seus compañeiros do colexio Eugenio López ceense, e tamén de excompañeiros e excompañeiras, algúns xa xubilados e chegados desde Alfoz ou A Coruña a propósito. Para estar con el. Manuel foi profesor e director do Eugenio López durante un cuarto de século ininterrompido e en todo ese tempo gañouse a pulso o respecto e a amizade dos demais. O que de que ten unha paciencia infinita dio Xosé Cañizo, docente que o relevou na dirección, tamén coa súa xa longa traxectoria no centro. Conta Cañizo que á comida celebrada ao amparo dos bos fogóns do restaurante O Recreo -onde Canosa tomaba o café todos os días, xa que está diante do colexio- acudiron medio centenar de docentes, «coma unha piña». E algún máis habería ir, de non ser por motivos de saúde. Manuel merécello.
«É alguén admirable e eu comprobeino ducias de veces, todos nos preguntamos de onde sacaba este home esa capacidade humana, sempre tratando de razoar, estando sempre aí cando alguén tiña algunha dificultade...», di Cañizo. Carmen López, outra compañeira, destacou del a capacidade conciliadora, o temple para pór orde aos problemas e achar unha solución. O actual director cre que esa actitude, sen buscar nunca un lugar destacado, xa lle vén de familia. «Aínda o comentabamos o sábado. Manuel vive para, por e case no colexio», chancea Xosé. Di que na comida o viu renovado porque, quixese ou non, a dirección xera preocupacións, «e Manolo sempre estaba». E segue estando, aínda que agora poida dedicar máis tempo a pescar ou ás súas afeccións. Si o chaman, Manuel contesta ao teléfono ou incluso aparece polo colexio. «É algo extraordinario», afirma Cañizo. Canosa ten 69 anos cumpridos e en setembro xa lle renderon outra homenaxe coincidindo co inicio de curso: nomeárono director honorífico do colexio. Estar á fronte dun centro require dedicación, asume agora Xosé, pero el séntese ben apoiado polo seu equipo, do que eloxia o traballo á fronte de moitos asuntos, como pode ser o comedor (nada menos que 300 nenos):María José Rodríguez Pérez é a xefa de estudos e Ana María Sánchez Castro, a secretaria. Saben, ademais, que Manuel, Manolo, sempre estará aí. Un bo mestre e amigo nunca deixa de selo.


Quixo a comunidade do CEIP Eugenio López de Cee brindarlle unha fermosa homenaxe ao seu director. Xubílase Manuel Canosa, e unhas 55 persoas, compañeiros actuais e antigos, quixeron celebrar unha comida en familia este pasado sábado 17 de outubro para agredecer os seus 25 anos de dedicación ao centro ceense.
“Foi un encontro donde tivo lugar un cúmulo de sentimientos e recordos de tódolos anos de servizo abnegado para co centro e con toda a súa comunidade educativa”, cóntanos Montse Canosa, a secretaria da ANPA. Todos saben das numerosas horas adicadas ao centro, mesmo en sábados e domingos, o que unido ao seu bo talante, fanlle un home tremendamente querido por compañeir@s, nen@s e pais e nais.

  quepasanacosta.gal
Homenaxe da Anpa

Ningún comentario:

Publicar un comentario