28 de out. de 2015

A mensaxe do mar.

A mensaxe do mar
La Sexta noticias

Unha ducia de cativos da Costa da Morte veñen de descifrar, nunha tarde, a mensaxe que nos envía o mar. Unha mensaxe que nos chega en forma de milleiros de botellas de plástico que destrozan o noso entorno natural, o noso meirande tesouro.
Así o descubriron tras unha nova actividade da Asociación Galega de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega) coa colaboración da Plataforma Low Impact Fishers of Europe (Life). Unha iniciativa no marco dunha campaña medioambiental na que os rapaces costeiros son protagonistas dun vídeo no que transmiten a necesidade de actuar de inmediato ante a contaminación mariña. Mozos que piden unha maior implicación da sociedade civil e política na protección do medio mariño.

2 comentarios:

  1. As praias están moi sucias e difinitivamente necesitan unha limpieza.

    ResponderEliminar
  2. Creo que esta moi ben porque as praias estan moi sucias en hai que limpalas.

    ResponderEliminar