Ana está gravando para a nova serie Hospital Real, producida por Ficción Producciones ambientada no antigo Hospital Real de Santiago de Compostela.
Unha experiencia que nace despois de gravar con Sara Casasnovas a súa última curtametraxe. “La chica del maletero”, na que a actriz de raíces costeiras fai de directora e protagonista, grávabase en Moraime, e contaba coa pequena Ana no reparto.
O seu desparpaxo natural gustou tanto que a produtora lle propuxo participar na serie, que leva unha semana de rodaxe.
O seu desparpaxo natural gustou tanto que a produtora lle propuxo participar na serie, que leva unha semana de rodaxe.
A primeira tempada consta de 15 capítulos que van ser rodados ata maio, ambientados no século XVII. O papel de Ana parece que será pequeno, pero de moita intensidade, e seguro que dá que falar. Ademais, estará arroupada por un reparto de luxo e unha ambientación coidadísima.
Esperamos o comezo desta serie na tele!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario