Estimadas familias:
O pasado venres a Consellería de
Educación publicou orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro
trimestre, á espera de que o Ministerio estableza a normativa estatal
correspondente.
A continuación fago un pequeno resumo
delas:
-
Mantense o
calendario escolar, e o curso finalizará o día 19 de xuño. A intención da
Consellería é voltar ás aulas antes de que remate o curso sempre e cando a
situación sanitaria o permita.
-
Coa
finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares,
autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, os centros
educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán
accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles,
especialmente para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º de Bacharelato
e 2º de FP de grado medio.
No noso caso o
profesorado está a contactar con vós a través de diversos medios: correo
electrónico, whatsapp, chamada telefónica, abalar.
Se nalgún
momento precisades contactar co colexio, en horario de 09:00 a 13:30, chamade ó
número 881880456. Tamén podedes facelo por correo electrónico na dirección
ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
-
Durante o
terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo
e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias
para todo ou parte do seu alumnado.
Se enviamos o material da terceira avaliación é porque se pode utilizar para repasar contidos e, por se nalgún momento cambian as instruccións da Consellería e se pode avanzar materia, tedes o material no voso domicilio.
Se algúns de vós recibíchedes material que non correspondía e outro material quedou na aula sen entregar, foi responsabilidade miña.
-
A
avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020
considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente
o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles
previamente definidas.
O traballo que
estades a facer tanto as familias cos vosos fillos como o profesorado é
novidoso e non é o propio porque non estamos preparados para esta situación. Os
mestres e mestras conseguiron artellar unha forma de ensino-aprendizaxe de
diversos xeitos, de feito continúan innovando e probando novas ferramentas:
co blogue (do colexio e blogues privados), correo electrónico, whatsapp, google
classroom, instagram, …
Rogo que
sexades respectuosos á hora de enviar as tarefas evitando na medida do posible
as fins de semana ou horario de madrugada; agás que vos poñan unha data límite
para facelo.
Asimismo,
prego que agardedes a que vaian correxindo as tarefas sen inmediatez, porque é un proceso
lento descargar un arquivo, correxilo e reenvialo.
Rubén Pérez Trigo, director