17 de feb. de 2011

O disco de Newton

Ola de novo!!
Sabedes que os rapaces de 5º e 6º están feitos todos uns exploradores?? Si si, fixeron un disco de Newton para demostrar que mesturando da maneira correcta as cores do arco da vella consíguese ver a luz branca.
Isto é o que nos contan para demostralo:

"O pasado 4 de Febreiro fixemos un experimento, o Disco de Newton.
Para facelo a profe dounos un folio cun círculo dividido en 8 partes iguais. Pintamos cada unha das partes da súa cor correspondente: vermello, laranxa, amarelo, verde escuro, verde claro, azul, añil e violeta:


Recortamos o círculo e pegámolo en cartulina para que quedara máis chulo:



Despois clavámoslle un lápis no centro e fixémolo xirar, a modo de peonza.
É moi importante que as cores sexan as correctas e estén en orde, sen deixar espazos en branco.
Ó facelo xirar non vemos unha cor branca exactamente, pero sí unha cor grisácea.



Intentade facelo!! É moi sinxelo!!"

Texto de Carme Ayala (5ºA)
Fotos dos rapaces e rapazas de 6ºB

4 comentarios:

  1. Hoxe entrei por primeira vez e gustame moito

    O Disco e moi sinselo

    ResponderEliminar
  2. Alegrámonos de que vos guste e encántanos que participedes, canta máis xente, mellor.
    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  3. a min o disco de newton no me quedou moi ben

    ResponderEliminar
  4. jajajaja q risa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! sempre nos caian polo chan

    ResponderEliminar