Da nosa escola estaban clasificados os equipos benxamín feminino, alevín masculino; e, individualmente, Berto e Xan en categoría benxamín masculino, e Adrián na categoría infantil masculino.
No equipo benxamín feminino correron Ana, Andrea, Clara, Gisela e Marta. Fixeron un gran esforzo porque trala saída, e despois de percorrer boa parte do circuíto anularon a proba e tivo que repetirse, pois non chegaran varias participantes doutro cole. Aínda así fixérono moi ben, incluso Marta acadou un gran posto, quedou séptima. Logo chegaron á meta Clara (vixésimo cuarta), Gisela (trixésimo cuarta) e Ana (trixésimo quinta). Andrea tivo que abandoar a proba por unha forte dor no abdome que non lle permitía correr.
Na seguinte proba, categoría benxamín masculino, Berto e Xan fixeron unha moi boa carreira, mesmo durante gran parte da mesma ían primeiro e segundo, ata a meta, onde outro neno que veu avanzando dende atrás disputou o primeiro posto con Berto. Neste incidente o xuíz de meta descalificou a Berto ao entender que no forcexeo por manter a súa posición interferiu no adiantamento. Finalmente Xan quedou en segundo posto e Berto descalificado. Despois de facer unha reclamación, permiten a Berto participar na seguinte proba correspondente á fase provincial.
Na seguinte carreira na que tiñamos representación, na categoría alevín masculino, Xabier foi o gran dominador, primeiro dende a saída ata a meta, mesmo cun sprint final sen ter a ningún perseguidor preto del. Os outros integrantes do equipo eran Mario (duodécimo clasificado), Raúl (décimo oitavo), Samuel (trixésimo cuarto), Ismael (trixésimo séptimo) e Jesús (cuadruxésimo oitavo). Cos bos resultados que obtiveron, remataron terceiros clasificados por equipos, subiron ao podio e gañaron cadansúa medalla e un trofeo.
Finalmente Adrián, na categoría infantil masculino, rematou no posto vixésimo cuarto. É un moi bo posto, porque competían nenos de 6º de Primaria e de 1º da ESO e as distancias vanse incrementando progresivamente en cada categoría.
Clasifican para a carreira correspondente á fase provincial de campo a través Berto e Xan en categoría benxamín masculino, e Xabier en categoría alevín masculino.
¡Noraboa a todos e a todas que participáchedes! pola ilusión coa que viaxades e corredes, o esforzo que realizades e, sobre todo. o excepcional comportamento, sendo un bo exemplo os nenos maiores para os máis novos e animándovos os uns aos outros. Nesta proba había varios clubes de atletismo: Clube de Atletismo Noia, Clube de Atletismo Elite de Noia, Agrupación Deportiva Salustiano Rey Eiras que se reparten os primeiros postos na maioría das carreiras. É lóxico, pois os seus integrantes adestran e, se ben na categoría benxamín o adestramento non se nota demasiado fronte aos nenos que practican calquera outro deporte ou xogan a miúdo, a partires da categoría alevín e cara categorías de maior idade, as diferenzas son máis abultadas. Os nenos e nenas do noso cole non adestran nin practicamos en educación física nada que se pareza a un adestramento de atletismo e os resultados son exclusivamente mérito dos nosos alumnos, que se manteñen en forma ao practicaren outros deportes ademais das clases de educación física.
Os nosos rapaces son uns fenómenos!!
ResponderEliminarNoraboa a tod@s!!
a min gustame campo atraves e sempre quero clasificarme pero cas bos corredores que son: Xabier,Mario,Fbio e Ismael (ichi) que este ano foi moi dificil . Desexolles o mellor na seguintes carreiras e que gañen moitos trofeos.
ResponderEliminar