19 de feb. de 2011

Campionato Provincial de Cross en idade escolar

Hoxe celebráronse na Pobra do Caramiñal as carreiras de campo a través correspondentes á fase provincial da Coruña. Do noso cole participaron porque estaban clasificados da anterior proba de xeito individual Marta en categoría benxamín feminino, e Berto e Xan en categoría benxamín masculino. Ademais clasificaran coma equipo Xabier, Mario, Raúl, Ismael, Jesús e Samuel na categoría alevín masculino.Unha vez máis os resultados foron excepcionais tendo en conta a fase na que nos atopamos.
A proba comezou coa carreira de categoría benxamín feminino, onde Marta tivo que percorrer 700 m. de distancia e rematou no posto décimo terceiro. Antes de comezar a carreira estaba un pouco nerviosa, era a primeira en participar, non sabiamos ben cal ía a ser o percorrido e quería rematar nun bo posto. Así que deron a saída desapareceron os nervios e situouse en posicións dianteiras rematando a proba nunha moi boa posición.


A continuación competiron os nenos de categoría benxamín masculin con Berto e Xan percorrendo igual distancia. Foi unha carreira moi disputada nos primeiros postos. Berto e Xan ocuparon durante toda a proba boas posicións e preto da meta Berto disputou os postos de privilexio con outros dous rapaces rematando segundo. Xan tamén rematou nun fenomenal posto, oitavo. Berto subiu ó podio trala proba a recoller a súa medalla de prata.




Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino esta era a derradeira proba de campo a través, a partir desta categoría clasificaban para a fase autonómica os tres mellores equipos e os oito mellores clasificados individuais.
Trala proba alevín feminino na que non participaba ninguén do colexo chegou o turno do equipo alevín masculino, onde tiñan moita ilusión por volver a clasificar por equipos para a fase galega.


A distancia a percorrer foi de 1.600 m. e trala saída déronse conta do nivel dos participantes. Dous nenos colleron unha distancia apreciable dende un primeiro momento, pero transcurrida a metade da mesma fundíronse e perderon as súas enerxías. Xabier foi progresando dende un terceiro posto ata rematar segundo en liña de meta. Despois del chegaron Raúl (trixésimo séptimo), Mario (cuadruxésimo terceiro), Ismael (quincuaxésimo cuarto), Samuel (quincuaxésimo oitavo) e Jesús (no posto 64). Por equipos remataron sextos empatados a puntos cos quintos clasificados. Xabier recibiu a súa medalla de prata no podio e clasifica para a final autonómica que se celebrará o vindeiro 12 de marzo en Ourense.


Noraboa a todos e a todas e sede conscientes de que participastes nunha final provincial onde só estabades os clasificados de fases intercomarcais de toda a provincia da Coruña, na súa inmensa maioría pertencentes a clubes de atletismo. Tendo moitísimo mérito a simple participación acabastes en moi bos postos que cómpre valorar moi positivamente.

4 comentarios:

  1. Caray!! menudos resultados rapaces!!
    As miñas felicitacións porque hai que ter en conta que moitos dos participantes pertencen a clubes de atletismo e xa por iso parten con ventaxa. Vós só levades as vosas ganas e a vosa ilusión e mirade qué clasificación!
    Impresionante! Seguide así!!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa atletas, sodes un gran exemplo a seguir.
    Hai que disfrutar de xornadas así.
    Xosé Cañizo.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa polo esforzo e polos resultados!!

    ResponderEliminar
  4. Noraboa a todos e a todas: Berto, Xan, Marta, Xabier, Mario, Raúl, Samuel, Ismael e Jesús. Independentemente dos resultados, que son excepcionais, o que máis me fai disfrutar cando vos acompaño ás carreiras é a ilusión que tedes e o que vos esforzades para acabar nos mellores postos posibles. É moi agradable ver como vos animades uns ós outros. Valorade que estabades nunha final provincial, ¡os que estabades ali erades os nenos e nenas máis veloces da provincia da Coruña! e non vos poñades metas tan altas (gañar, clasificar, obter medalla). A meta é facelo o mellor posible usando tódalas enerxías e fixéstelo todos e todas, así que sodes uns auténticos campións.
    Rubén.

    ResponderEliminar