26 de feb. de 2011

A DOAZÓN DE SANGUE en CEE

A finais de cada mes a Unidade móbil de transfusión de sangue visita Cee. Numerosas persoas voluntarias doan o seu sangue. O grupo de 5ºA acudiu ata o autobús e falaron con algunhas persoas doantes.
Así souberon que primeiro hai unha ENTREVISTA:"Antes da doazón un médico realiza unha entrevista confidencial, para descartar calquera aspecto que impida á súa realización.
O primeiro obxectivo é preserva-la saúde do doador.Mídese o pulso, a tensión sanguínea e tómase unha pinga de sangue dun dos dedos para medi-lo nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia." Seguidamente é a DOAZÓN DE SANGUE:
"Dura aproximadamente de 5 a 7 minutos. O persoal sanitario emprega MATERIAL ESTÉRIL e dun só uso, que é desprecintado momentos antes de atender ó doador.
Durante a doazón, NON hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades transmisibles polo sangue.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas".
"Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos inclusive.
Finalmente a fase da RECUPERACION:
Ó rematar a doazón, ó doador toma un pequeno refrixerio (auga ou refrescos e algún alimento sólido). O corpo humano ten entre 4 e 6 litros de sangue e neste acto altruísta doamos 450 mililitros. Este volume de sangue recupérase nas dúas horas posteriores á doazón inxerindo unha adecuada cantidade de líquidos (auga ou refrescos).
Recibimos uns CONSELLOS para ó doador ou doadora unha vez rematada a doazóns e tamén un AGASALLO."
http://ctg.sergas.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario