
Pois si. Esta mañá de luns 12 de setembro, arrincou formalmente o
curso nos centros de ensino da bisbarra. .
Emotiva foi, por exemplo, a presentación do novo curso no CEIP
Eugenio López de Cee. Comezou coas verbas da secretaria da ANPA, Montserrat Canosa Vigo. Despois fui o
turno de dúas antigas alumnas, Inés Fraga e Carmela Corbelle, que
contaron as súas experiencias aos alumn@s do colexio. O acto foi
presentado por outra antiga alumna Mercedes Rodríguez Fraga, técnico de
Normalización Lingüística do Concello de Cee e contou coa presencia de
Carmen Díaz Freire, Concelleira de Deportes e tempo libre do Concello de
Cee, en representacion do goberno ceense.
quepasanacosta.gal/en-marcha-un-novo-curso-escolar/

"A volta o cole sempre foi para mín un día emocionante, novos
compañeiros, novos profes, novos retos e aventuras…Agora sendo nai
resulta que o vives novamente en primeira persoa e por partida doble! Si
ademáis lle engadimos formar parte da inauguración do curso a mañá
estaba servida!
Foi para min un enorme orgullo e pracer, a vez que
una gran responsabilidade, que o director D. Pepe Cañizo houbera pensado
en mín como antiga exalumna do cole e mostrarlle a miña experiencia a
tódolos nenos!
Ademáis dun pequeno inciso aportando a miña humilde
visión de cómo creo que debería ir enfocado un bo programa escolar de
infantil e primaria, intentei transmitirlle os nenos a través da
principal filosofía en Cabañas de Lires ( valores humanos e a
concienciación co medio) , a ilusión, a aspiración a ser de maiores o
que lles dicte o corazón, por suposto sin deixar nunca de estudar e
formarse para que os seus soños sexan posibles!

Acabeille confesando
que dende que era nena coma eles fixérame súper fan de Heidi! E que non
só a admiraba polos valores que percibía dela, tamén porque aspiraba a
ser igual de feliz! Con Cabañas de Lires o meu conto cheo de ilusión
fíxose realidade!
Cas miñas nenas collidas da man e os nenos
sorprendéndose co que alí lle mostraba e contaba…vai ser unha
experiencia para mín chea de emoción difícil de olvidar! (INÉS FRAGA)
Inés Fraga