2 de feb. de 2016

Rosalía de Castro e Cé



As de Cé, ¡Virxe do Carme!
¡Que cariñas tan ben feitas!
Cando están coloradiñas
No ruxe ruxe da festa,
Cada mirar dos seus ollos
Fire como cen saetas,
Nin hay mans, tan ben cortadas,
Tan branquiñas e pequenas,
Com' as qu'  amostran finxindo
Que non queren que llas vexan
.
http://bvg.udc.es/ (preme aquí)


O CONCELLO DE CEE CONMEMORA O 179 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Concello de Cee. (preme aquí)
Dado que o 24 de febreiro se cumpren 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro, esta Alcaldía, a través do Servizo de Normalización Lingüística, comunica que ao longo de todo o mes de febreiro permanecerá colgada na fachada principal da Casa Consistorial a bandeira de Galicia xunto cuns versos de Rosalía dedicados ás nenas de Cee.

27 de xan. de 2016

Noraboa, Ana!


O CIM de Cee: premios concurso de carteis (preme)
CIM – Centro de Información á Muller – de Cee acaba de dar a coñecer os autores dos carteis gañadores do VII Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero Xaneiro 2015 organizado en colaboración coa concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego con concello de Cee.
Na categoría maiores de 18 anos de idade, David Alonso Cambra resultou o gañador, cun premio de 100€, co cartel “Non quero ser a túa princesa”. Na categoría de 2º, 3º, 4º ESO e 1º, 2º de bacheralato, o cartel gañador foi o de Sheila Fidalgo Calo biaxo o título “Sisuka 97”, polo que recibirá un premio de 100€. Por último, na categoría de 4º,5º,6º de primaria e 1º da ESO a gañadora foi  Ana Fernández de Larrinoa Quintela co cartel “Non penses no teu pasado, pensa no teu futuro”. A gañadora recibirá un cheque por valor de 80€ co que poderá mercar material didáctico.Este concurso celebrouse para conmemorar o día internacional contra a Violencia de Xénero que ten lugar cada 25 de novembro.

15 de xan. de 2016

Colaboración de Ferroatlántica

Boas novas para o CEIP Eugenio López, de Cee, que recibía esta mañá a visita do director da Zona Noroeste de Ferroatlántica, Carlos Oliete, para facer entrega de tres ordenadores co obxectivo de mellorar a dotación informática do colexio.
O acto contou coa presenza de Xosé Cañizo, director do centro, e de representantes do equipo directivo e da AMPA respectivamente. Segundo explicou Xosé Cañizo, a aula está a disposición de todos os alumnos do centro, un total de 406 estudantes de entre 3 e 11 anos, aínda que resultará especialmente útil aos alumnos de 6º de Primaria que, por primeira vez, contan este curso cunha materia de Iniciación á Informática.
Esta renovación de equipos permitirá mellorar notablemente o acceso dos alumnos a un material informático de calidade que redunde nunha mellor formación nesta materia.
La Voz de Galicia

30 de nov. de 2015

Sara Vieites Ferreiro

Unha princesa que nunca se rinde (preme aquí)
Al poco de nacer se le diagnosticó una parálisis cerebral de los miembros inferiores -Leucomalacia periventricular-. Siete años después a Sara Vieites Ferreiro (Cee, 2008) el deporte le ha cambiado radicalmente su vida. El pasado día 11 de abril tomó parte en su primera Carreira Popular. Fue en Carballo. Lo hizo en silla de ruedas con la ayuda de su padre. Recorrió 800 metros. La sonrisa y la emoción que vivió son indescriptibles.