
O acto contou coa presenza de Xosé Cañizo, director do centro, e de representantes do equipo directivo e da AMPA respectivamente. Segundo explicou Xosé Cañizo, a aula está a disposición de todos os alumnos do centro, un total de 406 estudantes de entre 3 e 11 anos, aínda que resultará especialmente útil aos alumnos de 6º de Primaria que, por primeira vez, contan este curso cunha materia de Iniciación á Informática.
Esta renovación de equipos permitirá mellorar notablemente o acceso dos alumnos a un material informático de calidade que redunde nunha mellor formación nesta materia.
![]() |
La Voz de Galicia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario