O CIM – Centro de Información á Muller – de Cee acaba de dar a coñecer os autores dos carteis gañadores do VII Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero Xaneiro 2015 organizado en colaboración coa concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego con concello de Cee.
Na categoría maiores de 18 anos de idade, David Alonso Cambra resultou o gañador, cun premio de 100€, co cartel “Non quero ser a túa princesa”. Na categoría de 2º, 3º, 4º ESO e 1º, 2º de bacheralato, o cartel gañador foi o de Sheila Fidalgo Calo biaxo o título “Sisuka 97”, polo que recibirá un premio de 100€. Por último, na categoría de 4º,5º,6º de primaria e 1º da ESO a gañadora foi Ana Fernández de Larrinoa Quintela co cartel “Non penses no teu pasado, pensa no teu futuro”. A gañadora recibirá un cheque por valor de 80€ co que poderá mercar material didáctico.Este concurso celebrouse para conmemorar o día internacional contra a Violencia de Xénero que ten lugar cada 25 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario