2 de abr. de 2020

Recursos Edelvives para Educación Infantil






Sorteo Excursión 6º

Informamos de que el sorteo de una televisión que se iba a celebrar el día 2 de este mes de abril para la excursión de sexto, se suspende hasta que pase la situación actual.

2 DE ABRIL, QUE CELEBRAR HOXE ?




O DÍA DO LIBRO INFANTIL

COMO ?


Rexistrándote xa como usuario no portal 


para ler todos os libros que queiras.





Tamén podes visitar a web do 

Salón do Libro de Pontevedra.

No espazo virtual atoparás contacontos 

e propostas de actividades para estes días









O concello entrega impresións na casa

Gran iniciativa a do concello de Cee, que para facilitar o traballo na casa, imprime as fichas que lles digades e volas entregan no voso domicilio.

2 ABRIL. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Neste día queremos recordárvos os múltiples beneficios da música e destacar que produce unha experiencia multisensorial que activa vínculos con varias partes do cerebro, ao mesmo tempo que permite crear vínculos sociais.
E outros como:
- estimular a INTELIXENCIA e desenvolver a CREATIVIDADE.
-mellorar a CONCENTRACIÓN E A SOCIABILIDADE.
-desenvolvemento AFECTIVO, EMOCIONAL, SOCIAL E INTELECTUAL.

Recordades que vos propoñíavos facer actividades en familia? Bailar pode ser unha delas.

Dende Orientación propoñémosvos celebrar este día cunha canción: “YO ME QUEDO EN CASA” de Ester Núñez. Unha cantante e musicoterapeuta que comparte este vídeo-historia social sobre a situación actual en relación ao Covid-19 coa canción de creación inédita (contén PICTOGRAMAS de ARASAC):
https://youtu.be/28cbd3ugM2A (neste enlace atoparédela)












Recordade: #euquedonacasa


1 de abr. de 2020

IXL

Propoñémosvos unha nova páxina con recursos para infantil e para cada nivel de primaria. Os materiais están clasificados por niveis para a área de matemáticas. Premede no enlace: IXL

Axudas de comedor

Estimadas familias:
Recórdovos que estades en prazo (dende o pasado martes ata o vindeiro luns, ambos os dous incluídos) para facer a solicitude de axuda de compensación de becas de comedor. Recórdovos que está publicada a orde nunha publicación anterior no blogue.
Facede a solicitude e non dubidedes en chamar ó centro para que vola tramitemos. Trátase dunha axuda que en lugar de que a Consellería ingrese o diñeiro na conta do colexio para comedor, volo ingresa directamente ás familias (as que tendes fillos que teñen gratuidade de comedor ou facedes pagamento de 1 euro).
É un procedemento sinxelo para facer dende o centro, tan só tedes que identificarvos e darnos os datos bancarios.
Repito, non dubidedes, se sodes beneficiarios, en solicitar a axuda.

Rubén Pérez Trigo, director

MANDALAS

Cando algo o vemos continuamente dicimos que “está de moda”, pois parece que os MANDALAS tamén.

QUE SON OS MANDALAS OU MÁNDALAS? Segundo o Dicionario da Real Academia Española:
“ No hinduísmo e no budismo, debuxo complexo, xeralmente circular, que representa as forzas que regulan o universo e que serve como apoio da meditación.”

En educación estanse empregando porque aumentan a concentración e a atención xa que nos centramos nunha cousa en particular e non nos dispersamos,  trabállase a memoria, libérase estrés, aumentan o desenvolvemento cognitivo e mellórase a capacidade mental.

Hai varios cadernos para facer mandalas pero nesta entrada imos propoñervos que os CATIVOS E CATIVAS creen os seus propios. Atopamos na web varias propostas de exemplo, para DIVERTÍRNOS CREANDO:  


-- PINTAR MANDALAS EN SERVILLETAS DE PAPEL para todas as idades:
Asegúrovos que vos entreteredes creando. 




--MANDALAS CON FOLLAS E FLORES (para aqueles que  teñan o privilexio de ter un xardín na casa): https://www.manualidadesinfantiles.org/mandala-con-hojas-y-flores

E moitos máis que atoparedes neste enlace: https://www.manualidadesinfantiles.org/como-hacer/mandalas

Seguide creando  FAMILIAS.


FESTIVAL CANTOS E CONTOS DESDE O POLEIRO



Pode haber mellor xeito de empezar o día que escoitando

 a Atenea García 

ou a Pablísimo

 contando contos?








Tal vez prefiras cantar na compaña de  Avelino González?





Todos estes contidos podes seguilos nestas webs: