30 de nov. de 2015

Sara Vieites Ferreiro

Unha princesa que nunca se rinde (preme aquí)
Al poco de nacer se le diagnosticó una parálisis cerebral de los miembros inferiores -Leucomalacia periventricular-. Siete años después a Sara Vieites Ferreiro (Cee, 2008) el deporte le ha cambiado radicalmente su vida. El pasado día 11 de abril tomó parte en su primera Carreira Popular. Fue en Carballo. Lo hizo en silla de ruedas con la ayuda de su padre. Recorrió 800 metros. La sonrisa y la emoción que vivió son indescriptibles.

20 de nov. de 2015

Cuestionarios convivencia

A consellería de educación está facendo unha recollida masiva de datos sobre convivencia escolar no marco do proxecto EduconvivesEstratexia galega sobre a convivencia escolar. Todos os sectores da comunidade educativa deben participar cubríndoa de forma anónima para recabar datos. Aquí colocamos as url para os alumnos e alumnas de educación obrigatoria, para os docentes e para as familias, que en cada caso recibiron unha clave de acceso por parte do equipo directivo do centro.
Prazo ata o 30 de novembro.
Nota: Non usar o navegador Chrome e co Mozilla a UAC invita a entender os riscos e aceptar conexión non segura.

18 de nov. de 2015

Parabéns para ti!

Parabéns para ti!  (pulsa)
Para facilitar que nenas e nenos, e tamén maiores, celebren e feliciten os aniversarios en galego, impulsouse desde Carballo a gravación dunha canción co seu correspondente videoclip. Trátase dunha proposta da Mesa pola Normalización Lingüística promovida conxuntamente co concello carballés a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, e que contou coa colaboración do Coro Vagalume.

28 de out. de 2015

A mensaxe do mar.

A mensaxe do mar
La Sexta noticias

Unha ducia de cativos da Costa da Morte veñen de descifrar, nunha tarde, a mensaxe que nos envía o mar. Unha mensaxe que nos chega en forma de milleiros de botellas de plástico que destrozan o noso entorno natural, o noso meirande tesouro.
Así o descubriron tras unha nova actividade da Asociación Galega de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega) coa colaboración da Plataforma Low Impact Fishers of Europe (Life). Unha iniciativa no marco dunha campaña medioambiental na que os rapaces costeiros son protagonistas dun vídeo no que transmiten a necesidade de actuar de inmediato ante a contaminación mariña. Mozos que piden unha maior implicación da sociedade civil e política na protección do medio mariño.

17 de out. de 2015

Homenaxe a d. Manuel Canosa

D. Manolo


Homenaxe de amigos e docentes a Manuel Canosa, director honorífico do Eugenio López de Cee


Medio centenar de profesores acompañárono o sábado nunha comida no Recreo
Carballo / La Voz, 19 de outubro de 2015. 



De Manuel Canosa din que era (e é) un home de paciencia infinita. O sábado ao mediodía recibiu o cariño dos seus compañeiros do colexio Eugenio López ceense, e tamén de excompañeiros e excompañeiras, algúns xa xubilados e chegados desde Alfoz ou A Coruña a propósito. Para estar con el. Manuel foi profesor e director do Eugenio López durante un cuarto de século ininterrompido e en todo ese tempo gañouse a pulso o respecto e a amizade dos demais. O que de que ten unha paciencia infinita dio Xosé Cañizo, docente que o relevou na dirección, tamén coa súa xa longa traxectoria no centro. Conta Cañizo que á comida celebrada ao amparo dos bos fogóns do restaurante O Recreo -onde Canosa tomaba o café todos os días, xa que está diante do colexio- acudiron medio centenar de docentes, «coma unha piña». E algún máis habería ir, de non ser por motivos de saúde. Manuel merécello.
«É alguén admirable e eu comprobeino ducias de veces, todos nos preguntamos de onde sacaba este home esa capacidade humana, sempre tratando de razoar, estando sempre aí cando alguén tiña algunha dificultade...», di Cañizo. Carmen López, outra compañeira, destacou del a capacidade conciliadora, o temple para pór orde aos problemas e achar unha solución. O actual director cre que esa actitude, sen buscar nunca un lugar destacado, xa lle vén de familia. «Aínda o comentabamos o sábado. Manuel vive para, por e case no colexio», chancea Xosé. Di que na comida o viu renovado porque, quixese ou non, a dirección xera preocupacións, «e Manolo sempre estaba». E segue estando, aínda que agora poida dedicar máis tempo a pescar ou ás súas afeccións. Si o chaman, Manuel contesta ao teléfono ou incluso aparece polo colexio. «É algo extraordinario», afirma Cañizo. Canosa ten 69 anos cumpridos e en setembro xa lle renderon outra homenaxe coincidindo co inicio de curso: nomeárono director honorífico do colexio. Estar á fronte dun centro require dedicación, asume agora Xosé, pero el séntese ben apoiado polo seu equipo, do que eloxia o traballo á fronte de moitos asuntos, como pode ser o comedor (nada menos que 300 nenos):María José Rodríguez Pérez é a xefa de estudos e Ana María Sánchez Castro, a secretaria. Saben, ademais, que Manuel, Manolo, sempre estará aí. Un bo mestre e amigo nunca deixa de selo.


Quixo a comunidade do CEIP Eugenio López de Cee brindarlle unha fermosa homenaxe ao seu director. Xubílase Manuel Canosa, e unhas 55 persoas, compañeiros actuais e antigos, quixeron celebrar unha comida en familia este pasado sábado 17 de outubro para agredecer os seus 25 anos de dedicación ao centro ceense.
“Foi un encontro donde tivo lugar un cúmulo de sentimientos e recordos de tódolos anos de servizo abnegado para co centro e con toda a súa comunidade educativa”, cóntanos Montse Canosa, a secretaria da ANPA. Todos saben das numerosas horas adicadas ao centro, mesmo en sábados e domingos, o que unido ao seu bo talante, fanlle un home tremendamente querido por compañeir@s, nen@s e pais e nais.

  quepasanacosta.gal
Homenaxe da Anpa

11 de set. de 2015

Director honorífico, don Manolo.

 Manuel Canosa é xa director honorífico do Eugenio López
O profesor, despois de 25 anos á fronte do colexio ceense, recibiu un sentido e máis que merecido homenaxe onte
Cee / La Voz, 11 de setembro de 2015.   O nomeamento simbólico como director honorífico do colexio Eugenio López de Cee puxo a guinda á homenaxe que recibiu onte pola mañá na Casa dá Cultura o profesor Manuel Canosa, que despois de 25 anos ininterrompidos á fronte do centro, e con 68 cumpridos, xubilouse.
O acto, que serviu ademais de abrir de xeito oficial o curso escolar, unha cerimonia que levaba dous anos aparcada, destilou emoción e recoñecemento, por parte dun pobo e unha comunidade educativa, na que moitos non coñeceron a outro director. Ademais, a sinxeleza de Canosa e a dedicación absoluta ao seu traballo foi tema recorrente de conversación.
Tocoulle presentar a Xosé Cañizo, o profesor que toma a vez na dirección, e que non é precisamente un novato porque xa estivo 12 anos de xefe de estudos con Canosa, pero os momentos máis sentidos correron a cargo do antigo secretario, Juan López Aljarilla. O profesor andaluz desfíxose en eloxios cara ao homenaxeado, o seu «compañeirismo» e, sobre todo, reivindicou a figura do mestre, incluso en verso, coa lectura dun poema.
Pola súa banda, o alcalde, Ramón Vigo, aproveitou estas referencias para facer un chamamento a «dignificar a figura do docente». Utilizou como exemplo a utilización de figuras de respecto como don ou señor, que aínda seguen presentes na forma en como coñecen os alumnos do Eugenio a moitos dos seus profesores desta época e púxoo en contraste con «a docencia como unha profesión de risco, case tanto como a minería ou a pesca» na que, por pouco, teñen que aprender «defensa persoal para ir ao seu traballo».
As exprofesoras Dona Maruja (Castro) e Dona Yolanda (Vázquez), como as nomean os escolares, foron as encargadas de entregarlle o diploma de director honorífico e un ramo de flores, en mostra do agradecemento de toda a comunidade educativa.
Canosa, pola súa banda, tivo unha breve intervención, na que puxo de relevo o compañeirismo, antes de que Fernando Fraga e os alumnos da Escola de Música que tamén o foron do Eugenio desen un recital.
Xa despois do acto, o profesor explicaba que se sente «liberado de tanta preocupación» como supón dirixir un centro educativo no que sempre lle guio a máxima de que «existise un clima de convivencia adecuado». De feito, considera que o conseguiron porque case sempre lograron resolver os conflitos pola vía do diálogo.
Respecto da situación educativa en xeral, mostrouse crítico cos políticos que «interfiren moito cos seus cambios» cando moitos non coñecen o que é unha aula e dificultan a tarefa docente.