4 de set. de 2020

Estimadas familias :

Dámoslle a despedida ao O Blogue do Eugenio López.

A partir de agora, poderedes consultar toda a información na web do Ceip Plurilingüe Eugenio López, á que podedes acceder no seguinte enlace:



19 de xul. de 2020

Información xeral

Estimadas familias:
Ao longo da vindeira semana os pais/nais que o desexen poderán acudir ao centro en horario de 10:00 ás 13:00 horas e recoller os vales de material de 1º a 6º de Educación Primaria.De non ser así, poderán recollelo no mes de setembro.
Así mesmo lembrar ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria que ten os vales dos libros pendentes de recoller ,o fagan nas mesmas datas e horario.
Un saúdo.
 A directora

13 de xul. de 2020

Vales 1º e 2º

Estimadas familias:
A partir do mércores día 15 de xullo os pais/nais do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria beneficiarios do vale para adquisición de libros poderán vir ao centro en horario de 10:00 a 13:00 horas a recollelo finalizando o prazo o venres 17 de xullo.

Equipo directivo

11 de xul. de 2020

Listaxe provisional fondo libros

Estimadas familias:

Poden consultar a listaxe provisional de fondo libros ( periodo de reclamación ata o martes día 14 de xullo)
 Os medios para consultar a listaxe son os seguintes:
* Enviando un correo electrónico a ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
* Chamando por teléfono ao centro, ao número 881880455
* Acudindo ao centro, en horario de 10:00 a 13:00.
* A través da aplicación fondo libros, no menú "cidadáns". Para iso cómpre contar coa chave 365 ou con certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
Poden consultar as instruccións premendo aqui
A listaxe definitiva publicarase o mércores día 15 de xullo.

Recordamos que as familias que reciben 6 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias da natureza, ciencias sociais e inglés), deben mercar o activity book de inglés, e os libros de relixión e música, de ser o caso.
As familias que reciben 4 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas e ciencias da natureza), deben mercar os libros de ciencias sociais,  inglés (class book e activity book), relixión e música, de ser o caso.

30 de xuño de 2020

Información centro

HORARIO SECRETARÍA MES DE XULLO: DENDE ÁS 10.00 ATA AS 13.00 HORAS.

A formalización de matrícula para o novo alumnado no curso 2020/2021 realizarase na Secretaría do CEIP Eugenio López dende o mércores día 1  ata o venres día 10 de xullo .
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Documento de formalización de matrícula ( modelo Anexo III-1 ).
- Autorización de imaxe.
- Lingua materna.
- Fotocopia cotexada da folla do libro de familia.
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta de atención sanitaria.
- Certificado de empadroamento colectivo expedido para os efectos,polo Concello.
- Catro fotos tamaño carné.



Lembrar que estamos en prazo de solicitude de uso do comedor escolar e que dito plazo remata o vindeiro 15 de xullo.

Almudena Feal Díaz.  Directora Ceip Eugenio López



19 de xuño de 2020

Comedor

Segundo a Instrucción 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamentos dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para ser usuario do servizo de comedor escolar debedes entregar cuberto o modelo de autodeclaración.



 A diferenza do que sucedía coa solicitude de vales e préstamo do fondo de libros, no caso do comedor, para a unidade familiar tal e como se recolle no artigo 6.2.5. :
1. No caso de matrimonio:  a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes non separados legalmente, e se os houber:
     a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
    b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: a unidade familiar estará integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).


As persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán cumprimentar o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentenza firme por delitos sexuais.

O prazo para presentar as solicitudes tanto de usuario coma de colaborador de comedor comeza o vindeiro luns 22 de xuño. 

17 de xuño de 2020

Consulta de notas

Estimadas familias:
Para consultar as calificacións dos vosos fillos e fillas, tedes que facelo a través da aplicación abalar móbil, tal e como fixéchedes no segundo trimestre.
As calificacións estarán á vosa disposición a partir da tarde do venres 19 de xuño.


MOITA SORTE ALUMNADO DE 6º

Hoxe toca rendir unha pequena homenaxe ao alumnado de 6º de Primaria que deixa o noso cole para adentrarse nunha nova etapa educativa. 

De parte de todo o profesorado que nalgún momento formou parte da andaina destes nenos e nenas no colexio, queremos desexarlle a maior das sortes e un futuro brillante que seguro serán capaces de alcanzar con esforzo e dedicación.

As portas do CEIP Eugenio López estarán sempre abertas para vós!



Concurso: "Que é para ti a Costa da Morte"?

Concurso de vídeo e fotografía dirixido a alumnado de Primaria e Secundaria.

Se estades intersad@s en participar, podedes consultar as bases do concurso premendo no seguinte enlace: Que é para ti a Costa da Morte?

16 de xuño de 2020

Thank you Krista, you are a great artist


 Krista  fue nuestra auxiliar de conversación este curso y nos ayudó mucho durante nuestras clases de Arts & Crafts. Krista ahora ya está en su casa en Ayr (Ontario, Canadá) pero podrá ver este video.  Esperamos que te guste Krista❤

10 de xuño de 2020

Thank you, Krista!

Este ano tivemos ao mellor de Canadá nas nosas clases de inglés.
Se queredes ver a homenaxe que lle fixemos a Krista pasade polo noso blog! 




9 de xuño de 2020

MOITAS GRACIAS

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a colaboración dos axudantes de Biblioteca de este ano. Tanto os axudantes de 5ºA, 5ºB e 5ºC, como os de 6ºA e 6ºB.
 Os axudantes serán obsequiados cun agasallo.  Si  eres axudante de Biblioteca sigue lendo na ⇒  Teca dos libros 




Fondo de libros

Recordamos que dentro de dez días, o 19 de xuño  remata o prazo para a realizar a solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico.

Tal e como publicamos anteriormente, este procedemento está recollido na Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.