«É alguén admirable e eu comprobeino ducias de veces, todos nos preguntamos de onde sacaba este home esa capacidade humana, sempre tratando de razoar, estando sempre aí cando alguén tiña algunha dificultade...», di Cañizo.
Carmen López, outra compañeira, destacou del a capacidade conciliadora, o temple para pór orde aos problemas e achar unha solución. O actual director cre que esa actitude, sen buscar nunca un lugar destacado, xa lle vén de familia. «Aínda o comentabamos o sábado. Manuel vive para, por e case no colexio», chancea Xosé. Di que na comida o viu renovado porque, quixese ou non, a dirección xera preocupacións, «e Manolo sempre estaba». E segue estando, aínda que agora poida dedicar máis tempo a pescar ou ás súas afeccións. Si o chaman, Manuel contesta ao teléfono ou incluso aparece polo colexio. «É algo extraordinario», afirma Cañizo. Canosa ten 69 anos cumpridos e en setembro xa lle renderon outra homenaxe coincidindo co inicio de curso: nomeárono director honorífico do colexio. Estar á fronte dun centro require dedicación, asume agora Xosé, pero el séntese ben apoiado polo seu equipo, do que eloxia o traballo á fronte de moitos asuntos, como pode ser o comedor (nada menos que 300 nenos):
María José Rodríguez Pérez é a xefa de estudos e
Ana María Sánchez Castro, a secretaria. Saben, ademais, que Manuel, Manolo, sempre estará aí. Un bo mestre e amigo nunca deixa de selo.

Quixo a comunidade do CEIP Eugenio López de Cee brindarlle unha fermosa homenaxe ao seu director. Xubílase Manuel Canosa, e unhas 55 persoas, compañeiros actuais e antigos, quixeron celebrar unha comida en familia este pasado sábado 17 de outubro para agredecer os seus 25 anos de dedicación ao centro ceense.
“Foi un encontro donde tivo lugar un cúmulo de sentimientos e recordos de tódolos anos de servizo abnegado para co centro e con toda a súa comunidade educativa”, cóntanos Montse Canosa, a secretaria da ANPA. Todos saben das numerosas horas adicadas ao centro, mesmo en sábados e domingos, o que unido ao seu bo talante, fanlle un home tremendamente querido por compañeir@s, nen@s e pais e nais.
quepasanacosta.gal