Solidariedade
Os nenos e nenas do colexio Eugenio López de Cee
subiron outra vez ao carro da solidariedade para axudar, esta vez, a
unha nena coruñesa, Lola, de catro anos, que necesita un tratamento
médico para o que os seus pais non dispoñen do diñeiro suficiente. Por
iso recolleron 30 sacos cheos de tapóns de plástico, dez máis que hai
uns meses, cando entregaron 21 sacos para axudar con eles ao neno
portugués Diogo Farinhoto. Os tapóns van para unha fábrica de reciclaxe
que a cambio deles entrega o diñeiro necesario. A actividade partiu da
ANPA, que preside José Manuel Blanco Novo. Unha furgoneta levou onte as
tapas dos envases con dirección ao colexio Sae Lence da Coruña ante a
atenta mirada dos nenos e do director do centro, Manuel Canosa.(La Voz de Galicia, 8 de maio)
Ningún comentario:
Publicar un comentario