8 de feb. de 2012

6º visita o Porto de Brens.

Excursión a Brens
3 A chegada do cargueiro chinés Ideal Bulker á ampliación do porto de Brens causou sensación entre os veciños. Os mariñeiros deberon de alucinar cando viron o peirao cheo de xente observando as manobras de atracada. E entre o público, ben pertrechados cos chalecos reflectores que usaron para non pasar desapercibidos durante a súa camiñada, estaban un grupo de alumnos do colexio Eugenio López, que dirixe Manuel Canosa. Os rapaces achegáronse ata o porto para observar de cerca como se realizaron os traballos de descarga do mercante, que chamou poderosamente a atención dos estudantes cos seus 160 metros de eslora.(La Voz de Galicia, 09/02/2012)
O cargueiro Ideal Bulker atracou en Brens. (07/02/2012)

1 comentario:

  1. Esta visita nunca a olvidarei pode ser a última excursión(sen contar Madrid)a que vaia e ademais paseino xenial

    ResponderEliminar