3 de feb. de 2012

Concurso de debuxos e cartas de amizade

O pasado luns 30 de xaneiro celebrouse no colexio o día da Paz, e aproveitando este evento, entregáronse os premios aos nenos e nenas gañadores do concurso de debuxos e cartas de amizade.
No concurso de debuxos participaron os nenos de 5 anos, 1º B, 2ºA e 2ºB; e no concurso de cartas, os nenos de 3º A, 3ºB, 5º B, 6ºA e 6º B. Os debuxos e as cartas vencedoras son os seguintes: 


Querida Sabela:
Quéroche decir que eres unha amiga moi boa. Sempre me axudas nos problemas e eres unha amiga como unha irmá. Desexo que teñas unhas boas festas navideñas. E que os Reis Magos sean moi bos contigo e che traian moitos regalos.
Moitos bicos da túa mellor amiga,
Marta

Marta Lanvandeira 3ºB
Hola Marco:
Gústame que sexas o meu amigo porque eres un bo compañeiro, xogas ben ao fútbol, eres moi divertido e eres molón. Tamén quero co pases ben neste Nadal coa túa familia e que teñas moitos agasallos. Espero que sigamos ata a ESO e que vaiamos na mesma clase, como en terceiro.
Andrea
Andrea Canosa 5º B
Querida Iria:
Eres a mellor prima do mundo, case se  podería dicir que nos criamos xuntas, unha na casa da outra, pero, eu considérote máis que unha prima, considérote como a miña mellor amiga.
Compartimos todos os nosos segredos, xamais nos mentimos, sempre confiamos unha na outra e nunca nos enfadamos.
Acórdaste cando xogabamos na horta dos columpios? Cando xogabamos ás bonecas xuntas? Ás cociñeiras? Ás superheroínas? E agora, xa cansadas de xogar, conversamos de segredos, de anécdotas, das festas, ... do tema que saia, e seguimos levándonos tan ben coma antes, coma sempre. Se sucede algo importante nas nosas vidas, o primeiro que facemos é chamarnos mutuamente.
Prima e amiga túa por sempre,
Carme

Carme Ayala 6º A

Sofía Rivas, Antía Mouro, Marta Lavandeira, Carmen Sánchez, Andrea Canosa, Carme Ayala. Gañadoras do concurso da Amizade. Noraboa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario