11 de abr. de 2011

VIAXE A MADRID

1º día, luns 2 maio: Imos  a Madrid
Faremos unha parada no camiño para comer de picnic.
    Aloxámonos nos bungalows arcoiris.
Ler máis
2º día, martes 3 de maio: Día dos museos
   Visitamos o museo de Ciencias Naturais
e o museo do Prado. Paseamos por Madrid.
Pola mañá: visita  guiada “Mediterráneo, natureza e civilización” no Museo Nacional de Ciencias Naturais. Comemos nun restaurante no centro de Madrid.

Pola tarde: visita ó Museo do Prado. Mais tarde pasearemos pola Praza Maior, Porta do Sol , Praza de España,etc.

3º día, mércores  4  maio: Visitamos Toledo e o Palacio Real de  Aranjuez
Pola mañá: visitamos a cidade de Toledo . Visita guiada ás portas de entrada á cidade e murais. Tamén veremos a praza de Zocodover, a Catedral, Sinagoga, Casa museo do Grego, etc.

Pola tarde: visita ó Palacio Real de Aranjuez

4º día, xoves 5 maio: Zoo e Parque de Atraccións
Hoxe toca divertirse!
 Iremos ó  zoo e tamén ó parque de atraccións.

 5º día, venres 6 maio :  Volta a casa.
Pola mañá visitamos os xardíns do Palacio  Real “La Granja”  de San Ildefonso, preto de Segovia.

Visitamos   Segovia.

E  despois  autobús e...volvemos a casa!


 

5 de abr. de 2011

Excursión a Muros

Mira as fotos (se queres) no BLOGUE DE QUINTO
Muiño de mareas en Muros
Petroglifo Laxe das rodas en Louro
Este xoves, 7 de abril, os nenos e nenas de 5.º curso xunto co alumnado de PROA realizamos unha excursión ao concello de Muros. Visitamos ó muíño das mareas, a vila de Muros e un petroglifo prehistórico “Laxe das Rodas” , en Louro.Trátase dunha visita guiada organizada polo Concello de Muros. Podes consultar mais información na páxina web http://www.murosarqueoloxico.org/






3 de abr. de 2011

Carreira Pedestre Popular Costa da Morte

Xan Insua, 1º benxamín




Xan Insua
Xabier Insua
Consulta as clasificacións: 

Alevin,Infantil, Cadete
Benxamíns

Xabier recibe o trofeo 1ºclasificado
Hoxe celebrouse en Zas a 5ª edición da Carreira Popular Pedestre Costa da Morte, organizada polo xornal El Correo Gallego, na que había participantes tanto nenos coma adultos.
Do noso colexio participaron un total de quince nenos e nenas de categorías benxamín e alevín. 
 Na proba benxamín correron: Alexandra (28º), Andrea (35º), Gisela (52º), Iria (53º), Mara (31º), Noa (37º) e Paula (57º) (categoría feminina); Fernando (54º) e Xan (categoría masculina).

Xabier, Samuel, Gerardo, Mario, Iván, Jesús
  A distancia a percorrer foi de 1.000 m. e Xan rematou en primeira posición. Houbo trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos, ademais dun agasallo para os vencedores. Na clasificación non estableceron categorías masculina e feminina, co cal o posto sinalado correspóndese co posto final en liña de meta.
Na proba alevín participaron Gerardo (13º), Iván (2º), Jesús (18º), Mario (8º), Samuel (15º) e Xabier (1º). Xabier rematou en primeira posición e Iván rematou segundo. Ámbolos dous recibiron candanseu trofeo e Xabier Insua, ademais, un premio por ser vencedor. A distancia neste caso foi de 5 km. e participaban na mesma carreira os nenos e nenas de categorías alevín, infantil e cadete, aínda que na meta establecían as pertinentes clasificacións por categorías.
A todos os nenos e nenas participantes entregánronlles medalla e camiseta. Ao celebrarse esta proba en domingo os nenos e nenas foron arroupados e animados polos seus familiares (pais, nais, irmáns, ...).
As distancias a percorrer eran importantes: 1 km. para benxamíns e 5 km. para alevíns, co cal noraboa a todos por participar e rematar a proba, e aos nenos que encima obtiveron trofeo, felicidades.
O profesor Rubén cos participantes
(Fotos de "El Correo Gallego", dia 4 de abril 2011)




29 de mar. de 2011

Charlas en Sexto

Os grupos de 6º asistiron a dúas charlas impartidas polo CEM (Centro de Educación Ambiental), sobre "Os ríos" e "A vida no litoral".
Os dous grupos de 6º asistimos a duas charlas impartidas por educadoras do CEM (Educación ambiental). A primeira  tivo lugar no mes de febreiro “O noso litoral”, na que vimos moitas imaxes dos rios, das rías galegas  e da flora e fauna do  noso litoral. Sabiades que Galicia é a comunidade con máis quilómetros  de costa, casi 1.300 ?
A charla sobre “A vida nos ríos galegos” tivo lugar o luns 28 de marzo  na aula de informática. Recordamos distintas especies de animais e vexetais que viven nos nosos ríos. Como as troitas, a toupa de auga, o tritón,a salamandra, e tamén moitos paxaros que se alimentan nestes ríos como o carrizo, o paporrubio real, o ferreiriño,etc.

Tamén aprendemos o significado dunha nova palabra “bioindicador”. Os mirlos de río son bioindicadores. Esto quere dicir que indican que ese río atópase en boas condicións, non está contaminado. Tamén o martiño peixeiro é un bioindicador.
Martiño peixeiro


Por  último nos falaron da importancia de facer un bo consumo de auga. Só un 2,5% da auga total do noso  planeta  é auga  doce. Esta é unha cantidade moi pequena por iso é moi  importante coidar os ríos, non contaminalos e aforrar auga, non malgastala.

Río Xallas
Teredes mais información sobre estas charlas na revista escolar.
 E recorda, coida o teu litoral, coida os teus ríos, respeta o medio ambiente!

22 de mar. de 2011

"O sabor da aventura está no mar"


CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN, DO MAR E DE SANIDADE organizan:

ESTE VENRES, DÍA 25, dentro da campaña “ O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”,  na que participa o noso centro e “que xira arredor de actividades formativas vinculadas ao mundo da alimentación, os sabores e a cociña, organízase unha sesión informativa, para Primaria, non só sobre as calidades e beneficios do PEIXE, senón que se trata dun conxunto de accións orientadas á modificación de hábitos de consumo, é decir, pasar de saber sobre o peixe a comer peixe”.
(O comedor escolar recibe 8 pratos preparados – un cada semana- a base de peixe fresco, servido en frío:
Fideúa de mexilón, Pastel de Xurel, Rodaballo ao forno con pataca panadeira, Pescada de Orly, Pizza de troita, Empanada de sardiñas, Croquetas de lirio, Albóndigas de xarda con arroz blanco e salsa de tomate.

8 de mar. de 2011

Parabéns no día Internacional da Muller!!


Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, así que dende o CEIP Eugenio López de Cee, felicitamos a tódalas mulleres do mundo e mandámoslles unha agarimosa aperta.
Parabéns no voso día!!!

6 de mar. de 2011

A Escola volve ao mar.

Acto de presentación
O Mar na Escola, de Cataventos Escola de Vela e o CM Carrumeiro,  dirixido aos alumnos de Cee, será nos meses de marzo, abril e maio. Representounos no acto o profesor D. Rubén Pérez. Ademais de navegar,  aprenderán a facer nós mariñeiros, normas de seguridade, nomenclatura náutica, achegamento á cultura mariñeira e os ventos. Organiza a actividade a ANPA do colexio.

1 de mar. de 2011

Os de 4 anos visitamos unha panadaría

Que ben o pasamos coa masa do pan semellaba ser plastilina!!!



Amasamos e amasamos e tamén nos manchamos un chisquiño, logo fixemos uns boliños e ao forno.


Mentras esperabamos fomos ver os animais e tamén algunha árbore que xa tiña as flores da primavera.




E como nos portamos moi ben ata nos invitaron a biscoito. Que bo estaba!!!!


Pasámolo xenial foi unha excursión moi rica e divertida.