Os dous grupos de 6º asistimos a duas charlas impartidas por educadoras do CEM (Educación ambiental). A primeira tivo lugar no mes de febreiro “O noso litoral”, na que vimos moitas imaxes dos rios, das rías galegas e da flora e fauna do noso litoral. Sabiades que Galicia é a comunidade con máis quilómetros de costa, casi 1.300 ?
A charla sobre “A vida nos ríos galegos” tivo lugar o luns 28 de marzo na aula de informática. Recordamos distintas especies de animais e vexetais que viven nos nosos ríos. Como as troitas, a toupa de auga, o tritón,a salamandra, e tamén moitos paxaros que se alimentan nestes ríos como o carrizo, o paporrubio real, o ferreiriño,etc.
Tamén aprendemos o significado dunha nova palabra “bioindicador”. Os mirlos de río son bioindicadores. Esto quere dicir que indican que ese río atópase en boas condicións, non está contaminado. Tamén o martiño peixeiro é un bioindicador.
Martiño peixeiro |
Por último nos falaron da importancia de facer un bo consumo de auga. Só un 2,5% da auga total do noso planeta é auga doce. Esta é unha cantidade moi pequena por iso é moi importante coidar os ríos, non contaminalos e aforrar auga, non malgastala.
Río Xallas |
Teredes mais información sobre estas charlas na revista escolar.
E recorda, coida o teu litoral, coida os teus ríos, respeta o medio ambiente!
Ningún comentario:
Publicar un comentario