12 de out. de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIO!

O próximo luns 21 de outubro abriremos a biblioteca do noso colexio, como cada ano os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria axudarán aos membros do equipo de biblioteca no préstamo de libros e no bo funcionamiento da mesma.

Os nosos pequenos bibliotecarios anímanvos a que gocedes dos libros e contos que vos están agardando!



3 de out. de 2019

WELCOME KRISTA

El lunes llega Krista, la auxiliar de conversación que tendremos este año en primaria.
 En 2ºA hicimos un cartel de bienvenida

                                                                   A welcome poster

20 de set. de 2019

HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS/PAIS


O horario de atención a nais/pais de administrativa e orientación será de 09:35 a 14:00 horas.

                                            Horario do equipo directivo:


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1
DIRECCIÓN
SECRETARÍA

DIRECCIÓN

2
EQUIPO
DIRECCIÓN



3

XEFATURA
EQUIPO

DIRECCIÓN
SECRETARÍA






4


DIRECCIÓN
EQUIPO
DIRECCIÓN
XEFATURA
5

DIRECCIÓN
SECRETARÍA
DIRECCIÓN
XEFATURA

XEFATURA
SECRETARÍA

11 de set. de 2019

INAUGURACIÓN CURSO ESCOLAR 19/20

Hoxe deuse por iniciado o curso escolar 2019-2020. Ó acto, que tivo lugar no auditorio Baldomero Cores,  acudiron o profesorado e alumnado do CEIP Plurilingüe Eugenio López; a señora alcaldesa, Dona Margarita Lamela, a edil de benestar social, igualdade e emprego, Emilia Trillo, e o concelleiro de cultura, Juanma Buiturón; representantes da ANPA; e a convidada Esperanza Bispo Trillo.
Trala presentación de Rubén Pérez, interviu a alcaldesa, dona Margarita Lamela, quen recordou a súa etapa como estudante do colexio, que compartiu coa edil Emilia Trillo. Avanzou as obras levadas a cabo e a predisposición a realizar futuras melloras.
Posteriormente foi a quenda da representante da ANPA, Montse, que despois de nove anos traballando arreo con moitos compañeiros nais/pais (aos que recordou durante o discurso) se despide este ano debido a que o seu fillo o vindeiro curso irá ao instituto.
A continuación a xefa de estudos, Pilar Toubes, dirixiuse ó alumnado recordando os nervios do primeiro día tanto para alumnos como para mestres. Unha mestra, que con tantos anos de experiencia que acredita, recoñece que o primeiro día segue sendo de incertidume. 
Ademais presentou á ponente do acto, Esperanza Bispo Trillo: exalumna, nai dun neno de infantil e filla de dona Ana Villar, profesora do colexio durante moitos anos.
A última en intervir foi Esperanza: recordou a súa etapa na escola, dende párvulos (na escola onde hoxe está o Museo Fernando Blanco) e a súa etapa no colexio Eugenio López, ata os posteriores estudos de Veterinaria na facultade de Lugo e un máster recente.
Logo falounos sobre a súa profesión, veterinaria, coas súas diferentes opcións de traballo: nunha clínica, facendo o saneamento das vacas e mesmo hai veterinarios especializados na apicultura.
Para rematar leunos un conto cuns valores que todos deberiamos de adquirir.





3 de set. de 2019

REUNIÓN INFORMATIVA 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Este Centro educativo comunica que o xoves 5 de setembro de 2019 ás 16 h. haberá unha reunión informativa para os pais/nais/titores/as do alumnado de 4º Educación Infantil (3 anos).

14 de xul. de 2019

AVISOS FIN DE CURSO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019-2020

As axudas de 50 euros para a compra de material escolar: entregaránse o mércores 4, xoves 5 e venres 6 de setembro do 2019 en horario de 10:30 h. a 12:30 h.
As listaxes dos libros de texto para o curso 2019-2020 xa están entregadas nas librerías. Tamén están postas no blogue na sección de Secretaría.

COMEZO DO CURSO 2019-2020
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DO 2019 co horario de 9:30 a 14:30 h.

12 de xul. de 2019

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS CURSO 2019-2020

No blogue de Secretaría pode verse a listaxe definitiva do fondolibros dende 3º ata 6º Educación Primaria. Os libros entregaránse ao alumnado ao comenzo do novo curso escolar (11 de setembro de 2019). 
Tamén pódese consultar no blogue de Secretaría a listaxe de libros de texto para o novo curso.

4 de xul. de 2019

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS CURSO 2019-2020

No blogue de Secretaría pode verse a listaxe provisional do fondolibros dende 3º ata 6º Educación Primaria. Os libros entregaránse ao alumnado ao comenzo do novo curso escolar (11 de setembro de 2019). 
Tamén pódese consultar a listaxe de libros de texto para o novo curso.

28 de xuño de 2019

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-2020

Artigo 4.
Comedores escolares dos centros públicos (e Artigo 5 de Actividades lectivas teñen as mesmas datas):
Os comedores escolares funcionarán en Educación Primaria desde o día 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020 e, en Educación Secundaria Obrigatoria, desde o día 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.

Artigo 6.
Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o  21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
2. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
3. Semana Santa: desde o 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.
Establécese o Día do Ensino , día  non lectivo, o 31 de outubro de 2019.