11 de set. de 2019

INAUGURACIÓN CURSO ESCOLAR 19/20

Hoxe deuse por iniciado o curso escolar 2019-2020. Ó acto, que tivo lugar no auditorio Baldomero Cores,  acudiron o profesorado e alumnado do CEIP Plurilingüe Eugenio López; a señora alcaldesa, Dona Margarita Lamela, a edil de benestar social, igualdade e emprego, Emilia Trillo, e o concelleiro de cultura, Juanma Buiturón; representantes da ANPA; e a convidada Esperanza Bispo Trillo.
Trala presentación de Rubén Pérez, interviu a alcaldesa, dona Margarita Lamela, quen recordou a súa etapa como estudante do colexio, que compartiu coa edil Emilia Trillo. Avanzou as obras levadas a cabo e a predisposición a realizar futuras melloras.
Posteriormente foi a quenda da representante da ANPA, Montse, que despois de nove anos traballando arreo con moitos compañeiros nais/pais (aos que recordou durante o discurso) se despide este ano debido a que o seu fillo o vindeiro curso irá ao instituto.
A continuación a xefa de estudos, Pilar Toubes, dirixiuse ó alumnado recordando os nervios do primeiro día tanto para alumnos como para mestres. Unha mestra, que con tantos anos de experiencia que acredita, recoñece que o primeiro día segue sendo de incertidume. 
Ademais presentou á ponente do acto, Esperanza Bispo Trillo: exalumna, nai dun neno de infantil e filla de dona Ana Villar, profesora do colexio durante moitos anos.
A última en intervir foi Esperanza: recordou a súa etapa na escola, dende párvulos (na escola onde hoxe está o Museo Fernando Blanco) e a súa etapa no colexio Eugenio López, ata os posteriores estudos de Veterinaria na facultade de Lugo e un máster recente.
Logo falounos sobre a súa profesión, veterinaria, coas súas diferentes opcións de traballo: nunha clínica, facendo o saneamento das vacas e mesmo hai veterinarios especializados na apicultura.
Para rematar leunos un conto cuns valores que todos deberiamos de adquirir.





Ningún comentario:

Publicar un comentario