Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
5 de xuño de 2019
28 de maio de 2019
Raposín, a mascota gañadora
O equipo de Biblioteca quere dar as gracias a todo o alumnado que participou no diseño da mascota para a Biblioteca. Moitas gracias polas vosas ideas e traballos!!!!!!!
Noraboa tamén aos 5 traballos finalistas, e por suposto ao traballo con máis votos, que será a mascota da Biblioteca.
23 de maio de 2019
Vista ao Concello
Os alumnos e alumnas de 5º B fomos coñecer as instalacións do Concello e como se traballa nel. Quedamos moi agradecidos polo bo trato que recibimos e polos agasallos que nos deron.
21 de maio de 2019
Votacións para elexir a mascota da Biblioteca
Animádevos a votar!!!!
O
equipo de biblioteca xa elexiu os 5 traballos finalistas .
O
alumnado poderá votar o traballo que máis lle guste.
Estes
debuxos finalistas irán numerados do 1 ao 5.
O
alumnado poñerá na urna o número que corresponda.
O
máis votado será a mascota gañadora.
As
votacións para os grupos de PRIMARIA serán o venres
24 de maio na biblioteca. Cada
grupo poderá votar acompañado polo seu titor/a,
O
horario de votación será dende as 11:10 ata as 14:10
O
alumnado de INFANTIL votará ese mesmo día, pero na sua aula,
dende as 10:00 ata as 11:00, aproximadamente.
20 de maio de 2019
FONDO SOLIDARIO CURSO 2019-2020
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-2020.
PRAZO: DENDE O MARTES 21 DE MAIO ATA O VENRES 21 DE XUÑO DE 2019 (ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS)
Fondo solidario libros e material escolar (Orde e anexo I). Premer nesta ligazón.
Fondo solidario libros e material escolar (Orde e anexo I). Premer nesta ligazón.
15 de maio de 2019
LISTAS DEFINITIVAS DO NOVO ALUMNADO CURSO 2019-2020
Xa están publicadas neste Centro educativo as listas definitivas de admitidos do novo alumnado para o curso escolar 2019-2020.
14 de maio de 2019
Fontes e Lavadoiros de Cee
Os alumnos e alumnas de 5º B queremos compartir o traballo que fixemos sobre as fontes e lavadoiros do noso Concello.
Neste traballo poderedes ver os nosos vídeos, ler a información e saber onde se atopan as fontes para visitalas.
Como é un traballo aberto, se coñecedes algunha outra fonte ou lavadoiro, podedes poñervos en contacto con nós e engadirémola no mapa.
Pincha no seguinte enlace para visitar o traballo: Fontes e Lavadoiros de Cee.
10 de maio de 2019
Letras galegas 2019
CONCURSO de Poesía Francisco Añón, Concello da Serra de Outes. O alumno de 6º, ANXO CAMBEIRO RODRÍGUEZ, levou o primeiro premio da súa categoría.
CONCURSO da Biblioteca Francisco Mayán de Cee. A alumna de 6º, HELENA ROGET SOUTO, resultou premiada no Concurso de Achegamento ao Libro.
A primavera das Letras de Antonio Fraguas xa está en marcha.
A Real Academia Galega, abriu una nova edición con materiais didácticos.
Podes consultalos na seguinte ligazón : https://academia.gal/primaveradasletras.
Tamén na páxina do Seminario Galán , podedes atopar actividades, carteis, fotos, etc, relacionadas co día das letras galegas, e o autor homenaxeado Antonio Fraguas Fraguas http://www.seminariogalan.org
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





