14 de maio de 2019

Fontes e Lavadoiros de Cee


Os alumnos e alumnas de 5º B queremos compartir o traballo que fixemos sobre as fontes e lavadoiros do noso Concello. 

Neste traballo poderedes ver os nosos vídeos, ler a información e saber onde se atopan as fontes para visitalas. 

Como é un traballo aberto, se coñecedes algunha outra fonte ou lavadoiro, podedes poñervos en contacto con nós e engadirémola no mapa.

Pincha no seguinte enlace para visitar o traballo:   Fontes e Lavadoiros de Cee.

2 comentarios:

  1. Ola, somos os alumnos de 3º A. Non se escoitaba moi ben pero etábades moi ben todos. Algunhas fontes as coñecemos porque vivimos perto delas. Fixéstedes un traballo duro.Que raro que Iris o fixera pola noite. Grazas por enseñarnos as fontes e lavadoiros e por compartir este proxecto con nos.Tamén queremos saber porque elexístedes este proxecto.
    A pesar de todo, o traballo está moi ben feito e nos encantou.
    Antonio, Iria López, Iria Góñez,Beatriz, Antía, Yoel, Uxía, Carmela, Santi, Lois e Alba.

    ResponderEliminar
  2. Ola alumnos e alumnas de 3º A.
    Son Iris, como vos estrañou que fixera o video pola noite, so comentarvos que foi porque me cadrou así.
    En nome de todos os meus compañeiros, comentarvos que fixemos este traballo porque nos pareceu interesante para coñecer mellor o noso Concello e axudar aos veciños a que descubran novos lugares que seguramente descoñecían.

    Moitas grazas por visitar e valorar o noso traballo, e convidámosvos a compartir este proxecto.

    ResponderEliminar