21 de maio de 2019

Votacións para elexir a mascota da Biblioteca

Animádevos  a votar!!!!
O equipo de biblioteca xa elexiu os 5 traballos finalistas .
O alumnado poderá votar o traballo que máis lle guste.
Estes debuxos finalistas irán numerados do 1 ao 5.
O alumnado poñerá na urna o número que corresponda.
O máis votado será a mascota gañadora.

As votacións para os grupos de PRIMARIA serán o venres 24 de maio na biblioteca. Cada grupo poderá votar acompañado polo seu titor/a,
O horario de votación será dende as 11:10 ata as 14:10

O alumnado de INFANTIL votará ese mesmo día, pero na sua aula,
dende as 10:00 ata as 11:00, aproximadamente.



Premio de poesía.

ANXO CAMBEIRO RODRÍGUEZ, 1º  premio do Certame de Poesía Francisco Añón.
Concello da Serra de Outes                

20 de maio de 2019

FONDO SOLIDARIO CURSO 2019-2020

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-2020.

PRAZO: DENDE O MARTES 21 DE MAIO ATA O VENRES 21 DE XUÑO DE 2019 (ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS)

Fondo solidario libros e material escolar (Orde e anexo I). Premer nesta ligazón.

14 de maio de 2019

Fontes e Lavadoiros de Cee


Os alumnos e alumnas de 5º B queremos compartir o traballo que fixemos sobre as fontes e lavadoiros do noso Concello. 

Neste traballo poderedes ver os nosos vídeos, ler a información e saber onde se atopan as fontes para visitalas. 

Como é un traballo aberto, se coñecedes algunha outra fonte ou lavadoiro, podedes poñervos en contacto con nós e engadirémola no mapa.

Pincha no seguinte enlace para visitar o traballo:   Fontes e Lavadoiros de Cee.

10 de maio de 2019

Letras galegas 2019

CONCURSO de Poesía Francisco Añón, Concello da Serra de Outes. O alumno de 6º, ANXO CAMBEIRO RODRÍGUEZ, levou o primeiro premio da súa categoría. 
CONCURSO da Biblioteca Francisco  Mayán de Cee. A alumna de 6º, HELENA ROGET SOUTO, resultou premiada no Concurso de Achegamento ao Libro. 



A primavera das Letras de Antonio Fraguas xa está en marcha.
A Real Academia Galega, abriu una nova edición con materiais didácticos.
Podes consultalos na seguinte ligazón : https://academia.gal/primaveradasletras.


Tamén na páxina do  Seminario Galán , podedes atopar actividades, carteis, fotos, etc, relacionadas co día das letras galegas, e o autor homenaxeado Antonio Fraguas Fraguas    http://www.seminariogalan.org

23 de abr. de 2019

Maleta de ciencias

Xa chegou a MALETA VIAXEIRA  DE CIENCIAS !!!  


Poderase ver o contido da maleta acudindo á biblioteca , ata o 9 de maio. Se queres consultar o seu contido preme aquí .  
Na maleta hai tamén 3 videos que poderán verse nas aulas .


 










Tierra. La película de nuestro planeta  

Aventuras  información    
Año 1954
Documental información         Año 2007










                                                                                   


El oso  información
Aventuras, animales
Año 1988                                                                                                                                                                                        
                                                                                                             
                                                 

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS DO NOVO ALUMNADO CURSO 2019-2020

Desde hoxe están publicadas neste Centro educativo as listas provisionais de admitidos do novo alumnado para o curso escolar 2019-2020.

10 de abr. de 2019

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Lembramos que desde o luns 15 de abril de 2019 ata o luns 22 de abril de 2019 (ámbolos dous incluídos) non hai ningunha actividade lectiva co gallo das vacacións de Semana Santa.