9 de set. de 2014

Roald Dahl.

Naceu en 1916, un 13 de setembro,  nun pequeno lugar de Gales. Aos sete anos foi internado nun colexio inglés, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico que reflexaría logo en algúns dos seus libros. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial, fíxose piloto de aviación na Royal Air Force e foi derribado en combate, polo que tivo que pasar seis meses hospitalizado. Despois foi destinado a Londres, e en Washington empezou a escribir as súas aventuras de guerra. Escribiu guións para películas (James Bond); concibiu personaxes famosos como os Gremlins, e algunhas das súas obras  foron levadas ao cine.



27 de xuño de 2014

Revista Remuiño 2013 2014

Un ano máis presentamos a nosa revista Remuiño 2013-2014! Botádelle unha ollada! Merece a pena! Arte, entrevistas, investigacións, natureza... podedes atopar un amplo abano de temas sensacionais!


Conto viaxeiro "Flores Máxicas"

Un ano mais temos con nos o Conto Viaxeiro. Este ano Flores Máxicas encheu o noso cole de imaxinación e maxia. Disfrutade del!!

26 de xuño de 2014

Noraboa!

Os centros educativos da zona premian a excelencia.

O instituto Agra de Raíces entregou onte galardóns aos estudantes cos mellores expedientes de cada nivel.

Onte recibiron 240 euros para material educativo Iria Trillo Charlín, Irene González Costa, Martín Alvarellos Canosa, Jesús Díaz González, e Ainhoa Conde Castro. Cada un deles obtivo as mellores cualificacións dos seus respectivos niveis, desde o curso inicial da ESO ata primeiro de bacharelato. 
lavozdegalicia.es/

20 de xuño de 2014

Vacacións merecidas. Cuarto A.

Saúl, Lois, Iván, Manuel,  Daniel, Diana, Xela, Miriam, Carla, Claudia, Carla, Bistra, Ana, Miguel, Mateo e Iker.
Uxía, ponte ben!
FELICES VACACIÓNS!!!

4 de xuño de 2014

Gratuidade solidaria: curso 2014/15


     Aberto o prazo para presentar a as solicitudes de axuda para a adquisición de libros de texto en 
     educación primaria. As solicitudes poderanse presentar en horario de secretaría ou dirección ata o
     2 de xullo do 2014 ( máis información no blogue de secretaría)