9 de set. de 2014

Roald Dahl.

Naceu en 1916, un 13 de setembro,  nun pequeno lugar de Gales. Aos sete anos foi internado nun colexio inglés, onde sufriu o ríxido sistema educativo británico que reflexaría logo en algúns dos seus libros. Tomou parte na Segunda Guerra Mundial, fíxose piloto de aviación na Royal Air Force e foi derribado en combate, polo que tivo que pasar seis meses hospitalizado. Despois foi destinado a Londres, e en Washington empezou a escribir as súas aventuras de guerra. Escribiu guións para películas (James Bond); concibiu personaxes famosos como os Gremlins, e algunhas das súas obras  foron levadas ao cine.



Ningún comentario:

Publicar un comentario