Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
6 de feb. de 2014
29 de xan. de 2014
Campo a través
Están dispoñibles as clasificacións das carreiras de campo a través disputadas o pasado venres correspondentes á fase comarcal na sección "Fai deporte" deste blogue. Preme o enlace para velas.
21 de xan. de 2014
Reunión da ANPA
A ANPA "UXÍO" convoca Asemblea Xeral Extraordinaria, para o día 23/01/14, xoves.
Hora: 19,30.
Hora: 19,30.
Local: Comedor escolar.
Na orde do día figuran os seguintes asuntos:
1) Cambios na directiva: ceses e novas incorporacións.
2) Xornada única: horarios, actividades extraescolares, comedor, etc.
3) Suxestións e preguntas.
Representantes da dirección do colexio Eugenio López de Cee e da asociación de pais de alumnos do centro reuníronse onte coa alcaldesa ceense, Zaira Rodríguez, para exporlle a tramitación da xornada única para o colexio. Para conseguir o cambio é preciso que o Eugenio López presente un proxecto de actividades extraescolares que permitan manter aos nenos no centro ata as seis da tarde. No encontro falouse da posibilidade de ofrecer desde o Concello as actividades de atletismo e teatro. Agora hai que encaixar esa oferta coa realizada pola ANPA e polo propio centro para deseñar un plan que sexa adecuado para a Consellería de Educación.
17 de xan. de 2014
3 de xan. de 2014
9 de dec. de 2013
Contos de Nadal
![]() |
| Miguel Ángel recibindo o seu premio no Pazo da Cultura de Carballo. |
A décima edición do certame de Contos de Nadal que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz Bergantiños xa ten gañadores. Tras ler os máis de 211 orixinais presentados por alumnos de toda a Costa da Morte, os integrantes do xurado composto para avalialos decantouse para o segundo premio por Miguel Ángel Iglesias García (do colexio Eugenio López) coa obra O último pobo do Nadal.15 de nov. de 2013
14 de nov. de 2013
20 de out. de 2013
Mapa de Cee, Corcubión e Fisterra
![]() |
| Facemos un mapa en relevo dos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







