21 de xan. de 2014

Reunión da ANPA

A ANPA "UXÍO" convoca Asemblea Xeral Extraordinaria, para o día 23/01/14, xoves.
Hora: 19,30.
Local: Comedor escolar.
Na orde do día figuran os seguintes asuntos:
1) Cambios na directiva: ceses e novas incorporacións.
2) Xornada única: horarios, actividades extraescolares, comedor, etc.
3) Suxestións e preguntas.
Representantes da dirección do colexio Eugenio López de Cee e da asociación de pais de alumnos do centro reuníronse onte coa alcaldesa ceense, Zaira Rodríguez, para exporlle a tramitación da xornada única para o colexio. Para conseguir o cambio é preciso que o Eugenio López presente un proxecto de actividades extraescolares que permitan manter aos nenos no centro ata as seis da tarde. No encontro falouse da posibilidade de ofrecer desde o Concello as actividades de atletismo e teatro. Agora hai que encaixar esa oferta coa realizada pola ANPA e polo propio centro para deseñar un plan que sexa adecuado para a Consellería de Educación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario