Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
13 de set. de 2013
2 de set. de 2013
Bicis en Fisterra
A organización da Volta a España tiña previsto para Fisterra algo máis que unha simple carreira profesional, e toda a intendencia mobilizada para atender ás figuras e promocionar as marcas que, en boa medida, pagan o espectáculo serviu tamén para darlles unha alegría aos estudantes de primaria dos municipios polos que pasaba a etapa. Así, os pequenos, coas camisetas promocionais da rolda e provistos de cascos e todos os elementos das figuras, incluídas as motos de control e as cámaras de televisión para gravalos, empregaron as súas bicicletas para dar o máximo no último quilómetro antes de alcanzar a chegada no Faro de Fisterra.
Entre os gañadores houbo tamén representantes da comarca como o ceense Nicolás Montesino, que venceu na primeira carreira, ou Ana Oca, unha das fillas do tenente de alcalde de Cee, Daniel Oca, que tamén quedou a primeira na súa serie.Con todo, os resultados eran un pouco o de menos, porque os escolares co gozaron dun xeito especial foi cos agasallos e coa posibilidade de subir ao mesmo podio que horas máis tarde ocuparían Dani Moreno, Vicenzo Nibali e o resto de destacados da rolda.
La Voz de Galicia, 29 de agosto 2013.
25 de xuño de 2013
Festival día 21 de xuño
| Xenial interpretación!!!!! TIP e COLL ... de Brens |
Festival 21.06.13, pincha!
6 de xuño de 2013
"Mejora tu Escuela Pública"
Mejora tu escuela publica.es: Construccion dun mapa en relevo
No blogue de "Mejora tu Escuela Pública", no apartado de "Buenas Prácticas" publican información de como no CEIP Eugenio López, elaboramos os mapas en relevo da nosa zona. Este traballo foi feito grazas ao alumnado de 6º do curso pasado.
31 de maio de 2013
Os retratos da excursión de 6º.
Xa podes ver as túas fotos da viaxe a Madrid no blogue de 6º "A fume de carozo".
29 de maio de 2013
Viaxe a Madrid
Visita o noso blogue "Sexto, a fume de carozo"
Empezamos
a viaxe o día 6 de
maio ás oito da mañá. Estabamos todos e todas un pouco nerviosos, con mariposas
no estómago. Cando pasou un rato empezamos a facer barullo cos móbiles, MP3 e cámaras de fotos. Paramos a comer en
Tordesillas, nun parque a orillas do río Douro, un río moi grande no que había
gansos e patos
16 de maio de 2013
3º de museos na Coruña
Mira as fotos da viaxe de terceiro, 15 de maio, aos museos da Coruña.
Vai ao blogue do segundo ciclo, segundociclocee.blogspot.com.es
14 de maio de 2013
Premios da Biblioteca Municipal de Cee
Premios da Biblioteca Municipal "Francisco Mayán" de Cee:
Do 2º ciclo de Primaria: tiveron accésit
UXÍA PAZ CAAMAÑO e
ANA FERNÁNDEZ DE LARRINOA QUINTELA (3º A),
PAULA PÉREZ TRILLO (4º B).
Premio do marcapáxinas:
ALEXIA FARIÑA PÉREZ (5ºA)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




