Como todas e
todos sabedes, o día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, e isto
é un feito que vén sucedendo dende o ano 1963. Debido ás
especiais circunstancias que estamos a vivir actualmente, a Real Academia
Galega, decidiu pospoñer dita celebración
ao día 31 de outubro. Por este motivo, as actividades que iamos facer para
conmemorar esta data, realizarémolas para o curso que vén.
Este ano a
figura homenaxeada é Ricardo Carvallo Calero e dende o equipo de normalización
lingüística do colexio, queremos
aproveitar a oportunidade para achegarvos a esta importante figura da nosa literatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario