E ti...xa sabes bailar " A vaca Lola?
Benvidos ao blogue escolar do CEIP Plurilingüe Eugenio López. Aquí atoparemos toda a información e novidades do noso centro educativo.
22 de feb. de 2020
ENTROIDO 2020
Como todos sabedes, este ano o Entroido no noso cole, xirou en torno á temática do AGRO.
18 de feb. de 2020
17 de feb. de 2020
XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2020-2021
Ven a coñecer o cole!!
O vindeiro martes, 3 de marzo de 2020 desde as 16 h. ata as 18 h. abrimos as portas do noso colexio para todas as familias que no curso 2020-2021 iniciades unha nova aventura cos vosos fillos e fillas que empezan 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).
Así poderedes coñecer de primeira man a nosa liña pedagóxica, veredes as instalacións do colexio, creadas e adaptadas específicamente para esta etapa educativa, e recibiredes información sobre os servizos e actividades das que se poden disfrutar. Un cole vivo, que medra día a día con vós.
O noso equipo de profesionais de Educación Infantil estará á vosa disposición en todo momento para resolver calquera dúbida ou consulta.
15 de feb. de 2020
Maleta de banda deseñada
13 de feb. de 2020
CURSO 2020-2021 RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN
Reserva de praza:
Do 3 ao 17 de febreiro de 2020: solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º EP.
Ata o 28 de febreiro de 2020: publicación adxudicación definitiva.
Admisión:
Do 2 ao 23 de marzo de 2020: solicitude de admisión por parte das familias para o novo alumnado.
Antes do 25 de abril de 2020: publicación provisional da lista de admitidos e non admitidos.
Antes do 15 de maio de 2020: publicación definitiva da lista de admitidos e non admitidos.
11 de feb. de 2020
Coplas para o entroido
Coa música da
canción infantil "La cucaracha"
Os disfraces deste ano
van referidos ao agro,
unha profesión moi dura
traballamos todo o ano.
Somos os agricultores,
tamén ímos os granxeiros,
hai tamén apicultores
espantallos e pastores.
Plantar sementes, regar as plantas,
abonar con fertimón.
Sachar patacas,
muxir as vacas.
Coller froitas
con sabor. (bis)
Plantar sementes, regar as plantas,
abonar con fertimón.
Sachar patacas,
muxir as vacas.
Coller froitas
con sabor. (bis)
Se
ti queres comer san,
colle
as plantas que hai no horto,
leitugas, nabizas, grelos,
patacas
e coliflor.
Pasar
tempo ao aire libre,
resulta
máis descansado,
respirando
aire puro,
sen exames nin leccións.
Se comes san, máis
vitaminas,
e menos colesterol.
Pois as verduras,
do noso horto,
non poden sentar mellor.(bis)
Este
ano ás profesoras
deulles
pola reciclaxe,
e
estamos todo o día
con
residuos e envases.
Os
plásticos no amarelo,
os
papeis van no azul,
o
orgánico no verde,
e o
vidro no iglú.
Eu xa reciclo, e ti reciclas?
veña ímos reciclar.
No noso cole,
na nosa vila,
reciclar e reciclar.(bis)
Y a mi me gusta el flow de la cucaracha,
cuando le echas fli hace así y se disfraza (bis)
Eu xa reciclo, e ti reciclas?
veña ímos reciclar.
No noso cole,
na nosa vila,
reciclar e reciclar.(bis)
Y a mi me gusta el flow de la cucaracha,
cuando le echas fli hace así y se disfraza (bis)
Y se disfraza, y se disfraza, la cucaracha, se disfraza,
carnaval, carnaval, carnaval, a bailar, a bailar , a bailar.
carnaval, carnaval, carnaval, a bailar, a bailar , a bailar.
música
para baile de "El combo dominicano" y "La vaca Lola zumba"
4 de feb. de 2020
Xornadas de papiroflexia
1 de feb. de 2020
30 DE XANEIRO ...DÍA DA PAZ
Este ano celebramos o Día da Paz na Casa da Cultura.
As mestras do Equipo de Normalización Lingüística levan meses preparando con alumnos de diferentes aulas e idades unha representación teatral que leva por título : "Historia dunha sobreira".
Cremos que non hai mellor xeito de celebrar a Paz que cunha actividade de convivencia como esta.
Os nosos parabéns por este gran traballo!
Rematamos a xornada, como é tradición, cantando todos xuntos a canción de "TOC TOC" de Pablo Díaz, grazas á colaboración de Ana, a mestra de música.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)