Hoxe á mañá celebrouse en Cee a fase comarcal de campo a través.
Tralas dúas datas aprazadas debido ao mal tempo, hoxe, cun pouco de frío
á chegada, pero cun día espléndido disputáronse as carreiras das
distintas categorías masculina e feminina benxamin a cadete. Organizado
pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa XOGADE preto
de 900 nenos e nenas dos centros educativos e clubes de atletismos
déronse cita no campo de fútbol San Paio de Refoxos en Cee. As entidades
participantes foron as seguintes: CEIP Mar de Fóra e CPR Nosa Señora do
Carme de Fisterra; CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; CEIP Santa
Eulalia de Dumbría; CEIP San Vicenzo e IES Terra de Soneira de Vimianzo;
CEIP Virxe da Barca e CEIP Os Muíños de Muxía; CEIP Canosa-Rus de
Coristanco; CEIP de Baíñas; CPI Cabo da Area de Laxe; IES Pedra da Aguia
de Camariñas; e por último a Agrupación Deportiva Olimpia, o CPR
Manuela Rial Mouzo, o CEIP Eugenio López e o IES Agra de Raíces de Cee.
Comezaron
as nenas de categoría benxamín feminino percorrendo unha distancia de
500 metros, cuns resultados excepcionais das cinco participantes do
cole: Lucía, Paula, Helena Paz, Helena Otero e Beatriz, que acabaron na
segunda praza por equipos e clasifican para a fase intercomarcal.
A
continuación foi o turno da categoría benxamín masculino, que realizou a
mesma carreira que as nenas, e como non querían ser menos, os nenos
tamén quedaron segundos clasificados por equipos e igualmente clasifican
para a fase intercomarcal. Nesta proba Lois foi o vencedor. Os nenos
participantes foron: Lois, Leo, Hugo, Raúl, Adrián e Sergio.
A
seguinte carreira foi a de categoría alevín feminino, que debido a un
erro na realización do percorrido, tiveron que repetir a proba, co cal
acabaron bastante cansas. A distancia percorrida foi de 800 metros.
Nesta categoría correron: Sheyla, Carla, Aldara, Sara, Paula, Lucía,
Laura, María, Ylenia, Helena, Ángela e Adriana. Destacar que Sheyla,
sendo corredora alevín de primeiro ano quedou en séptima posición.
Na
seguinte quenda os nenos alevins masculinos percorreron 1000 metros, e a
medida que aumentan as distancias, aumenta o nivel dos corredores e
nótase máis aqueles que practican atletismo ou outros deportes no que
desarrollan a resistencia. Nesta proba participaron: Xabier, Pablo, Izan
Rey, Yzan Caamaño, Marco, Xoel, Martín e Saúl.
A
carreira de categoría infantil feminino foi unha das de maior
participación, con 110 atletas. Do colexio acudiron á cita: María Luz,
Sabela, Saray, Reyes e Sofía. Percorreron máis de 1000 metros e dúas
delas clasifican para a seguinte fase (Saray e María Luz).
E
pecharon a participación do colexio Anxo, Unai, Sergio, Rubén, Roberto,
David, Xián e Brais, de categoría infantil masculino. Neste caso a
distancia percorrida foi de 1300 metros. O vencedor da proba foi Mauro
(exalumno do cole). Como todos os rapaces o fixeron ben clasifican
segundos por equipos para a fase intercomarcal.
Sinalar que tamén
participaron nenos e nenas do colexio coa Agrupación Deportiva Olimpia,
que como tódolos anos foi a que acadou os mellores resultados,
clasificando equipos en tódalas probas e gañando moitas delas.
Queremos
felicitar a tódolos nenos do cole que participaron tanto co colexio
como con Olimpia, asi como o resto de alumnado participante dos outros
centros educativos da comarca polo seu esforzo, a ilusión coa que
compiten e o ben que o pasan e nolo fan pasar.